Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Servizos

Cursos de verán para profesores de EUA e o Canadá en Universidades españolas-2011

Datos xerais:

  • Descrición:

    Formación presencial para profesorado norteamericano en lingua e cultura española.

  • Modalidades:
    • Mestrados: 500 horas de formación repartida ao longo de dous veráns, durante o mes de xullo.
    • Cursos: 60 horas de formación ao longo de tres semanas
  • Destinatarios:
    •  Profesorado de español de niveis non universitarios e Community Colleges.
    •  Profesorado doutras materias.
    •  Administradores e orientadores educativos
  • Requisitos:
    • Estes cursos están dirixidos a profesorado de español que traballa en EE.UU. ou Canadá e que non sexa de nacionalidade española. 
    • Tamén poden participar candidatos non docentes cun axeitado nivel de español que traballen no ámbito do ensino: profesorado en xeral, administradores e orientadores escolares e que necesiten mellorar os seus coñecementos en lingua e cultura española.
    • Requisito imprescindible ter coñecementos de español a nivel elemental, medio ou avanzado, pois os cursos son impartidos totalmente en español. Na oferta anual, aparecen os niveis asociados a cada curso, segundo o MCER. O nivel de español para os másters será, en todo caso, avanzado (C1-C2)
  • Dotación:

    Os cursos son sufragados enteiramente polos interesados.

  • Duración:
    • Os cursos teñen unha duración de 60 horas (3 créditos en EUA)
    • Os Másters teñen unha duración de 500 horas: 360 presenciais, 40 prácticum, 40 proxecto e 60 teóricas validables). Pódense realizar en dous veráns.
  • Prazo de presentación
    • Desde: 01 de decembro de 2010
    • Ata: 31 de marzo de 2011
    • Prazo de presentación finalizada
  • Como realizaro?:

    A inscrición aos cursos realízase en liña a través do sistema de tramitación do Ministerio de Educación. Os interesados poden acceder á tramitación a través da páxina web da Consellaría de Educación en EE. UU., ligazón Cursos de Verán.

  • Destino:

    Os destinos poden variar anualmente; as universidades colaboradoras son: Alcalá de Henares, Alacante, Cádiz, Deusto, Fundación Comillas, Fundación Ortega y Gasset, Granada, León, Málaga, Salamanca e Santiago de Compostela.

  • Proceso de selección:

    Non hai requirimentos especiais para os candidatos aos Cursos. Os candidatos escollen curso segundo o seu nivel de lingua. Para os Másters cómpre estar en posesión dunha licenciatura (Bachelor negree) e ter polo menos 3 anos de experiencia docente en español.

  • Incompatibilidades:

    Ser español.

  • Máis información:

    Prazo de presentación:

    - Do 31 de marzo ata o 30 de abril admitiranse candidatos en caso de renuncias ou prazas libres.
     

    Máis información

Solicitude:

  • Documentación requirida:
    • Para Cursos e Másters cumprirá achegar CARTA DE ACEPTACIÓN, ASINADA POLO ASISTENTE E O SEU SUPERIOR DIRECTO.
    • Para os Másters, ademais, cómpre estar en posesión dunha licenciatura (Bachelor negree) e ter polo menos 3 anos de experiencia docente en español.
  • Lugar de entrega:
    • A inscrición realizarase unicamente en liña.
    • A documentación académica necesaria para os másters entregarase persoalmente na universidade receptora.
    • O pagamento poderá realizarse na Embaixada de España en EE. UU., Consellaría de Educación, mediante cheque ou na propia universidade elixida mediante tarxeta de crédito ou transferncia bancaria. O pagamento pode ser realizado tanto en euros coma en dólares.
  • Renovacións:

    Non se describiron.
     

Resolucións:

Máis información sobre este trámite ou servizo:

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles