A través deste servizo pódese solicitar a acreditación de títulos españois ou de terceiros países homologados a títulos españois correspondentes ás profesións reguladas pola directiva 2005/36/CE, para os efectos do seu exercicio noutro país da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo. Tamén permite a consulta posterior do estado da tramitación do seu expediente tras a formalización da solicitude.
Titulados universitarios cuxos títulos sexan expedidos ou homologados en España.
Accédese ao servizo para a formalización da solicitude de acreditación. Unha vez xerado o impreso non cumprirá a súa posterior presentación nun rexistro público, quedando o expediente iniciado de maneira automática.

Mediante o servizo de cumpimentación da solicitude é posible anexar en formato electrónico a documentación necesaria para a tramitación do expediente:
Antes de xerar o impreso oficial asegurese de que completou correctamente toda a información solicitada nos formularios. O expediente quedará automaticamente aberto e non será necesaria a presentación do impreso xerado nun rexistro público.
As resolucións formalizaranse mediante credencial expedida pola Subdirección Xeral de Títulos e Recoñecemento de Cualificacións do Ministerio de Educación.
913277681
http://www3.educacion.gob.es/consultas-informacion/