Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Servizos

Validacións de estudos nacionais con Formación Profesional do sistema educativo.

Datos xerais:

  • Descrición:

    Procedemento de solicitude e concesión das correspondentes validacións que requiren resolución personalizada, para o alumnado que cursa ensinanzas de Ciclos Formativos de grao medio e de grao superior da Formación Profesional do Sistema Educativo e que achega outros estudos con validez académica no Sistema Educativo Español.

  • Destinatarios:

    Alumnado que está cursando Ciclos Formativos de grao medio e superior da Formación Profesional do sistema educativo.

  • Requisitos:

    Estar matriculado/a en ensinanzas de Formación Profesional do sistema educativo no curso académico actual e solicitar validacións non reguladas nunha normativa vixente de carácter xeral que deban ser resoltas pola Dirección Xeral de Formación Profesional do Ministerio de Educación

  • Prazo de presentación
  • Prazo de presentación aberta permanentemente
  • Ámbito:

    O Estado Español

  • Como realizaro?:

    Mediante solicitude presentada no centro educativo onde o/a solicitante é alumno/a de Formación Profesional do sistema educativo no curso académico actual.

  • Máis información:

    O prazo de presentación é desde o inicio do curso académico en que o alumnado solicitante se encontra matriculado e ata o final do mesmo.

Solicitude:

  • Documentación requirida:
    • Certificación académica persoal dos estudos realizados polo/a solicitante, orixinal ou fotocopia compulsada, expedida por un CENTRO OFICIAL, en que consten as ensinanzas cursadas, detallando as materias ou módulos profesionais, a convocatoria en que foron superadas e a cualificación obtida. Nas referidas a Formación Profesional constará o grao, a Rama ou Familia Profesional e a Especialidade ou o Título. No caso de cursar un Ciclo Formativo tamén se admite fotocopia compulsada do libro de cualificacións.
    • Certificación de matrícula dos estudos de Formación Profesional que cursa o/a solicitante, orixinal ou fotocopia compulsada, especificando claramente a Familia Profesional, o grao e o Título. En caso cursar estudos nun centro de titularidade privada esta certificación estará debidamente dilixenciada polo Instituto de Educación Secundaria correspondente (se se matriculou en oferta de probas libres, debe remitir a certificación de matrícula cando esta sexa efectiva. Non é válido o resgardo de solicitude de matrícula).
    • Fotocopia do Documento Nacional de Identidade no caso de que o/a solicitante non preste o consentimento contido no anexo I para a verificación dos datos de identidade a través do Sistema de Verificación de Datos (R.D. 522/2006, do 28 de abril) ou fotocopia de Tarxeta de Estranxeiro, ou Permiso de Residencia ou Visado de Estudos (Réxime Especial de Estudantes Estranxeiros) ou Pasaporte.
    • Programas dos estudos achegados e cursados polo/a solicitante na Universidade ou fotocopia compulsada dos mesmos, das materias (teóricas e prácticas), en que fundamenta a solicitude de validación. En todo caso, os programas estarán selados pola Universidade.
    •  
  • Lugar de entrega:

    Centro educativo en que o alumnado solicitante cursa os seus estudos de Formación Profesional do sistema educativo.

Máis información sobre este trámite ou servizo:

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles