Os beneficiarios asistirán a un curso intensivo de inmersión lingüística en inglés dunha semana de duración, en distintos puntos de España, convivindo e realizando actividades en réxime de internado con persoal angloparlante nativo de países de lingua inglesa.
Alumnos bolseiros, que cumpran os requisitos establecidos.
A axuda cobre todos os gastos de ensino, material, manutención e aloxamento, aínda que o alumno seleccionado debe aboar 100 € á empresa.
A través da páxina web do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte mediante formulario on-line.
12 de marzo de 2012
Non se require achegar documentación no momento de presentación da solicitude. O solicitante cubrirá a información que sexa necesaria para verificar os requisitos e certificarase posteriormente.
A solicitude presentarase polo procedemento telemático establecido a través da Sede Electrónica do Ministerio de Educación Cultura e Deporte.
913277681