Bolsas de axudas para cursos de lingua francesa en Francia durante o mes de xullo en réxime de concorrencia competitiva. Convocatoria 2012
Datos xerais:
- Descrición:
Os beneficiarios asistirán a un curso de tres semanas de duración, en Francia, organizado por unha empresa contratada polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
- Destinatarios:
Alumnos bolseiros que cumpran os restantes requisitos establecidos.
- Requisitos:
- Ter a condición de bolseiro da convocatoria xeral de bolsas do Ministerio de Educación no curso 2011/2012 conforme a Orde EDU/2099/2011, do 21 de xullo, por que se convocan bolsas e axudas ao estudo de carácter xeral e de mobilidade, para alumnado que curse estudos postobrigatorios e superiores non universitarios
- Nacer entre o 1 de xaneiro de 1992 e o 31 de decembro de 1995 e estar matriculado nalgún dos seguintes cursos:
- Bacharelato.
- Ensinanzas Profesionais de Música e Danza.
- Grao Medio de Formación Profesional.
- Grao Medio de Artes plásticas e Deseño.
- Grao Medio de Ensinanzas Deportivas.
- Ensinanzas de Idiomas de nivel intermedio ou avanzado.
- Aprobar totalmente o curso inmediatamente anterior e ter unha nota final de 7,00 puntos na materia de francés.
- Terán preferencia os solicitantes que obteñan unha puntuación superior.
- Dotación:
- A axuda cobre todos os gastos de traslado, ensino, material, manutención e aloxamento, aínda que o alumno seleccionado debe aboar 100 € á empresa para completar parte do custo.
- Os alumnos beneficiarios cuxa provincia de domicilio familiar non coincida coa provincia que se fixe como punto de saída da viaxe recibirán unha cantidade adicional en concepto de axuda para transporte.
- Prazo de presentación
- Desde: 13 de marzo de 2012
- Ata: 07 de abril de 2012
Prazo de presentación finalizada
- Como realizaro?:
A través da páxina web do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte mediante formulario on-line
Convocatoria:
Solicitude:
- Documentación requirida:
Non se require achegar documentación no momento de presentación da solicitude. O solicitante cubrirá a información que sexa necesaria para verificar os requisitos e certificarase posteriormente.
- Lugar de entrega:
A solicitude presentarase polo procedemento telemático establecido a través da Sede Electrónica do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
Máis información sobre este trámite ou servizo: