Axudas en réxime de concorrencia competitiva para cursos de lingua alemá ou francesa no estranxeiro durante o verán destinado a alumnado de Grao Superior de FP, de Artes Plásticas e Deseño e de Ensinanzas Deportivas
Datos xerais:
- Descrición:
Os beneficiarios recibirán unha dotación económica para realizar un curso nas condicións requiridas na convocatoria, que posteriormente xustificarán.
- Requisitos:
- Ser bolseiro da convocatoria xeral do Ministerio de Educación no curso 2010-11 para a realización de Ciclos Formativos de Grao Superior de Formación Profesional, Artes Plásticas e Deseño e Ensinanzas Deportivas.
- Aprobar totalmente o curso inmediatamente anterior
- Ter unha nota media no expediente académico que lle sitúe dentro do total das axudas a conceder.
- Dotación:
1.700 €
- Prazo de presentación
- Desde: 01 de marzo de 2011
- Ata: 30 de marzo de 2011
Prazo de presentación finalizada
- Máis información:
Contacto Ministerio de Educación/Subdirección Xeral de Bolsas, Axudas e mobilidade de estudantes:
Convocatoria:
Solicitude:
- Documentación requirida:
Certificación académica cumprimentada polo centro educativo, de acordo co modelo que xera o formulario de solicitude.
- Lugar de entrega:
Subdirección Xeral de Bolsas, Axudas e Mobilidade de Estudantes. C/ Torrelaguna, 58 – 28027 Madrid.
- Solicitantes con certificado recoñecido de sinatura electrónica: a través do rexistro telemático do Ministerio de Educación.
- Solicitantes sen certificado recoñecido de sinatura electrónica: imprimirán o modelo de solicitude e remitirano, unha vez asinado, por correo certificado ou a través de calquera rexistro oficial.
Resolucións:
Máis información sobre este trámite ou servizo: