Axudas para a mobilidade de estudantes universitarios: para que parte dos estudos poidan seguirse en universidades distintas a aquela en que o estudante se matriculou, con recoñecemento no seu expediente académico dos créditos superados.
Estudantes matriculados en universidades españolas ou en centros de educación superior, que se achen cursando os estudos conducentes á obtención dos títulos oficiais de Grao, Licenciado, Enxeñeiro ou Arquitecto ou os de Diplomado, Enxeñeiro ou Arquitecto Técnico e obteñan unha praza na convocatoria SICUE para o curso en que se convoquen as bolsas.
Convócase un máximo de 2.224 bolsas.
Artigo 3 da convocatoria.
As bolsas terán unha contía de 500,00 euros mensuais e unha axuda de viaxe única a cada beneficiario de 120,00 €/200,00 € dependendo a onde ou desde onde desprácense.
Artigo 13 da convocatoria.
Estas bolsas son incompatibles con todas aquelas que teñan a mesma finalidade e natureza, incluídas as bolsas xerais, agás a matrícula e a axuda de material, obtidas para o curso académico 2011-2012.
Non poderá outorgarse unha bolsa desta convocatoria a beneficiarios de convocatorias anteriores, incluídos os que, se é o caso, non realizaron a estancia e non presentaron a renuncia á bolsa.
Requisitos unha vez concedida a axuda. (Artigo 15 da convocatoria).
27 de abril de 2011
Orde EDU/1186/2011, do 11 de maio, por que se modifica a Orde EDU/1047/2011
, do 15 de abril, por que se convoca o programa de subvencións para a mobilidade de estudantes universitarios Séneca para o curso 2011-2012, e amplíase o prazo de presentación de solicitudes.
Habilitouse un novo procedemento para tramitar a solicitude e é o seguinte. No suposto de que o solicitante non dispoña de sistema de sinatura aceptada pola sede electrónica, unha vez cumprimentada a solicitude telemática, deberase imprimir o modelo de solicitude en formato pdf. Unha vez asinada deberase presentar directamente no Rexistro do Ministerio de Educación, c/ Los Madrazo 15-17, 28071 Madrid, ou por calquera dos procedementos previstos no artigo 38.4da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. Con esta finalidade, os rexistros das Universidades non terán validez no referente ao cumprimento dos prazos da convocatoria. As solicitudes que se presenten a través das oficinas de correos deberán ir en sobre aberto para ser datadas e seladas antes da súa certificación. En calquera das dúas opcións de presentación da solicitude, deberá acompañar a documentación preceptiva en formato electrónico.
A documentación deberá ser anexada na aplicación informática en formato odt ou pdf ou doc cun máximo de 4 mb cada un, os documentos electrónicos deberán identificaros na súa cabeceira para facilitar a lectura dos mesmos.
Sede Electrónica do Ministerio de Educación.

) Orde EDU/2870/2011, do 11 de outubro
, complementaria á Orde EDU/2395/2011, do 8 de agosto, e á Orde EDU/2533/2011, do 1 de setembro, por que se conceden subvencións para a mobilidade de estudantes universitarios «Séneca» para o curso académico 2011-2012
( Publicado no B.O.E. do 25 de outubro de 2011) 
Ministerio de Educación
-