O obxecto desta orde é a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, de 100 bolsas para a Aula de Verán «Ortega y Gasset», organizada pola Dirección Xeral de Política Universitaria e a Universidad Internacional Menéndez Pelayo.
A Aula de Verán "Ortega y Gasset" versará sobre a introdución multidisciplinar aos estudos universitarios por parte de profesores universitarios e investigadores de recoñecido prestixio e de personalidades da cultura e a arte, e dirixirase os alumnos que, unha vez concluídos os seus estudos de bacharelato ou ciclo formativo de grao superior de formación profesional, díspónse a iniciar unha carreira universitaria.
Poderán tomar parte na Aula os alumnos que finalicen o último curso do bacharelato ou do ciclo formativo de grao superior de formación profesional durante o ano 2011 e que se dispón a iniciar unha carreira universitaria no curso académico 2011-2012. Para optar a unha destas bolsas, os alumnos deberán acreditar unha nota media igual ou superior a 9,30 puntos sobre 10 nos dous cursos do bacharelato e do correspondente ciclo formativo de grao superior de formación profesional do vixente plan de estudos.
100
Finalizar o último curso do bacharelato ou do ciclo formativo superior durante o ano 2011; acreditar unha nota media igual ou superior a 9,30 puntos sobre 10 nos dous cursos do bacharelato e dos ciclos formativos de grao superior do vixente plan de estudos.
Os alumnos seleccionados recibirán unha bolsa que cubrirá os seguintes gastos:
A Aula organizarase na UIMP, en Santander, en dúas sesións. A primeira, do 13 ao 19 de agosto, e a segunda, do 20 ao 26 de agosto, ambas as dúas de 2011. En cada unha das sesións participarán 50 alumnos.
Ata:
As solicitudes deberán presentarse ben directamente na Subdirección Xeral do Profesorado e Innovación Docente da Dirección Xeral de Política Universitaria do Ministerio de Educación, na rúa Ramírez de Arellano, 29 – 6.ª planta sur, ben por calquera dos procedementos establecidos no artigo 38.4da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
Subdirección Xeral do Profesorado e Innovación Docente. Dirección Xeral de Política Universitaria
Selección dos candidatos.
Para proceder á selección de candidatos, o Director Xeral de Política Universitaria nomeará unha comisión de selección presidida polo Subdirector Xeral do Profesorado e Innovación Docente, unidade encargada da instrución do procedemento, e integrada pola Conselleira Técnica da mencionada Subdirección, en representación da Dirección Xeral de Política Universitaria, e por un Vicerreitor da UIMP, designado polo Reitor do devandito organismo autónomo e a Secretaria Xeral da UIMP, ou persoa en quen delegue, en representación da devandita universidade. Actuará como secretario da comisión un funcionario da Subdirección Xeral do Profesorado e Innovación Docente, designado polo titular da devandita Subdirección.
Criterios de selección.
As solicitudes presentadas serán analizadas pola comisión de selección de acordo cos seguintes criterios:
O criterio de selección esencial e determinante será a nota media do expediente académico, de acordo cos datos que figuren no certificado académico a que se refire o artigo 7.a) da convocatoria.
A igualdade de condicións respecto da nota media do expediente académico, utilizaranse como criterios de ordenación das solicitudes os seguintes:
Para garantir que se cubran todas as prazas, a comisión seleccionará como suplentes a 25 alumnos que cumpran os criterios de selección e ordenación especificada anteriormente. Así mesmo, os alumnos incluídos nesta lista de suplentes estarán ordenados conforme aos devanditos criterios, de xeito que as vacantes se vaian cubrindo por estrita orde de aparición.
12 de maio de 2011
A solicitude cubrirase no formulario accesible a través da Sede Electrónica do Ministerio de Educación na dirección https://sede.educacion.gob.es
Unha vez debidamente cuberto o formulario en todos os seus apartados a través dos medios telemáticos habilitados para iso e confirmado o envío telemático da solicitude, deberase imprimir o formulario de solicitude e presentaro asinado canda os seguintes documentos:
As solicitudes deberán presentarse ben directamente na Subdirección Xeral do Profesorado e Innovación Docente da Dirección Xeral de Política Universitaria do Ministerio de Educación, na rúa Ramírez de Arellano, 29 – 6.ª planta sur, ben por calquera dos procedementos establecidos no artigo 38.4da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
91 603 80 37 ( Este teléfono atende EXCLUSIVAMENTE as consultas sobre as bolsas da aula de verán, non as consultas sobre calquera outro tipo de bolsas)
913277681 ( Información sobre bolsas)