O obxectivo da acción é axudar calquera institución de ensino superior que desexe participar nalgunha das accións do programa Erasmus, a coñecer outras institucións de educación superior ou outra organizacións para asociarse no desenvolvemento do seu programa de mobilidade. Calquera institución que desexe contactar con outras institucións ou organizacións para participar no programa Erasmus pode solicitar unha axuda para que membros do seu persoal poidan realizar unha visita preparatoria. A visita pode adoptar unha das seguintes formas: Unha visita a unha ou varias institucións de ensino elixible ou empresas nun ou máis países participantes no Programa de aprendizaxe permanente. Participación nun seminario "de contacto" para encontrar socios organizados por unha Axencia Nacional.
-
-