O obxectivo da acción é axudar calquera centro educativo que desexe establecer unha Asociación escolar a entrar en contacto con outros para asociarse e desenvolver un plan de traballo. Calquera centro educativo que desexe establecer unha asociación pode solicitar unha axuda para que os membros do profesorado poidan realizar unha visita preparatoria. A visita pode adoptar unha das seguintes formas: unha visita a un ou varios centros educativos elixibles nun ou máis países participantes no Programa de aprendizaxe permanente; participación nun seminario de contacto organizado por unha Axencia Nacional. Os seminarios de contacto son reunións organizadas polas distintas Axencias Nacionais participantes no Programa de aprendizaxe permanente. Estes eventos organízanse co obxectivo de facilitar a busca de socios aos centros educativos interesados en participar nas asociacións escolares Comenius.