Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Servizos

Bolsas Argo Global. Convocatoria 2009

Datos xerais:

  • Descrición:

    O propósito da convocatoria é a concesión, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, dunha subvención destinada ao financiamento dun programa de ámbito nacional que permita a realización de 1.000 prácticas formativas en empresas de Europa, Estados Unidos, Canadá e Asia (India, China, Xapón, Singapur, Corea do Sur, entre outros), de titulados de todas as universidades españolas.

  • Destinatarios:

    Universidades e entidades sen ánimo de lucro.

  • Nº de bolsas: 

    Unha subvención (para a xestión de 1.000 estancias de formación)

  • Requisitos:

    Poderán acollerse á axuda prevista nesta convocatoria as universidades e entidades sen ánimo de lucro con personalidade xurídica propia, capacidade suficiente de obrar e que non se encontren inhabilitadas para a obtención de subvencións públicas ou para contratar co Estado ou outros entes públicos.

    As devanditas entidades deberán acreditar experiencia previa na xestión administrativa e económica de programas de bolsas de mobilidade, así como de actuacións on-line, capacidade de titoría e seguimento das estancias en prácticas empresariais e da súa avaliación, así como achegar referencias documentais dos imprescindibles contactos coas organizacións de acollida dos titulados en prácticas.

  • Dotación:

    7.650.000,00 €

  • Duración:

    3 anos

  • Como realizaro?:

    As solicitudes, dirixidas ao Director Xeral de Política Universitaria, presentaranse no impreso de solicitude segundo o modelo adxunto (Anexo I) no Rexistro Xeral da Dirección Xeral de Política Universitaria (c/ Ramírez de Arellano 29. 28071 Madrid), directamente ou por calquera dos procedementos previstos no Art. 38.4da Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, na redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro. As solicitudes que se presenten a través das oficinas de Correos deberán ir en sobre aberto para ser datadas e seladas antes da súa certificación.

  • Destino:

    Dirección Xeral de política Universitaria

  • Proceso de selección:

    null

  • Outros:

Convocatoria:

Solicitude:

  • Documentación requirida:

    Memoria xustificativa en que deberá constar:

    • Descrición detallada do programa de traballo que garanta a organización de 1.000 estancias, cunha duración media de seis meses (a duración mínima non poderá ser inferior a tres meses e a máxima non poderá ser superior a 12 meses), incluíndo os seguintes aspectos:
      • Sistema de difusión do programa a escala nacional e internacional, que garanta a igualdade de oportunidades no acceso ás axudas, así como a igualdade de condicións para todos os beneficiarios.
      • Procedemento de captación de beneficiarios e de selección dos candidatos.
      • Procedemento de busca, selección e control da calidade das empresas colaboradoras.
      • Mecanismos rigorosos de titoría, avaliación e seguimento das estancias.
      • Medios técnicos postos a disposición do programa que garantan unha xestión eficaz do mesmo.
      • Accións innovadoras que se pon a disposición do programa.
    • Descrición do sistema de xestión que pon a entidade solicitante a disposición do programa, en que se especifiquen:
      • Medios humanos dispoñibles, incluíndo o organigrama e as funcións dos seus integrantes, así como a experiencia previa en xestión de programas de mobilidade a escala internacional e no ámbito universidade-empresa.
      • Acreditación de contactos con empresas de acollida dos estudantes en prácticas.
      • Medios materiais específicos cos que a entidade xestora conta para a realización do programa.

    Orzamento analizado por partidas para a realización da proposta.

    Protocolo detallado do estudo, que deberá realizarse á terminación do programa, de valoración e seguimento a partir da explotación dos resultados obtidos. Este estudo deberá ser entregado na Dirección Xeral de Política Universitaria nun prazo non superior a seis meses desde a data de finalización do programa.

    Certificado de auditoría externa do estado de contas do ano anterior, aprobado por un auditor acreditado.

  • Lugar de entrega:

    null

  • Renovacións:

    null

Resolucións:

  • null

  • Resolucións:

    null

  • Máis información:

    null

Máis información sobre este trámite ou servizo:

  • Teléfono:

    -

  • Enderezo de correo:

    -

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles