Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Na toma de posesión do novo Presidente do Consello Escolar do Estado

Na toma de posesión do novo Presidente do Consello Escolar do Estado

O Ministro de Educación, Cultura e Deporte aposto por unha nova mentalidade na educación que permita unha cultura da excelencia

02 de febreiro de 2012

O Ministro de Educación, Cultura e Deporte apostou esta tarde por promover “valores como o esforzo, o mérito, a satisfacción polo traballo ben feito, a autoesixencia, a responsabilidade e o respecto á figura do profesor ”como fundamentais para conseguir unha “nova mentalidade para o cambio educativo que o noso país necesita”.

José Ignacio Wert asegurou que a elección de Francisco López Rupérez como novo Presidente do Consello Escolar do Estado “é o fiel reflexo de que cremos firmemente neses valores e naqueles que os personalizan”.

O Ministro mostrouse convencido de que comezamos “unha etapa que esperemos sexa fundamental para o futuro da educación en España, e xa que logo, para o Consello Escolar”. Unha etapa en que, dixo, “debemos ser capaces de articular un sistema educativo de calidade que facilite aos nosos mozos incorporarse o mercado laboral con garantías. Un sistema educativo que xere empregabilidade”.

Por iso, Wert lembroulle ao novo Presidente do Consello Escolar do Estado as “liñas de actuación” en que traballa o Ministerio. Entre outras, a aprobación dun Estatuto do Docente, a maior autonomía dos centros, e a reforma da secundaria.

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles