Consello de Ministros
O Consello de Ministros aprobou hoxe unha declaración de apoio institucional á candidatura de Madrid como sede para os próximos Xogos Olímpicos de 2020.
A Vicepresidenta do Goberno Soraya Sáenz de Santamaría dixo que desta maneira “dáse o apoio e o impulso á Marca España, xerando credibilidade e confianza no noso país”.
Sáenz de Santamaría asegurou que con este apoio “a candidatura española conta co respaldo e a garantía necesaria do goberno ”.
O Ministro de Educación, Cultura e Deporte lembrou estes días que “é a candidatura de España e de todos os españois”, e por iso apelou ao traballo “a curto e medio prazo” para conseguir o obxectivo olímpico. “Ilusión temos e ganas de facero tamén”.