Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Nota de prensa

José Ignacio Wert preside por primeira vez o pleno do Consello de Universidades en Salamanca

19 de xaneiro de 2012

Escoite a intervención do ministro

Ver imaxe en alta resolución. Os integrantes da mesa presidencial no Paraninfo da Universidade de Salamanca. Foto: Unidade de Comunicación de USAL.
  • O ministro de Educación, Cultura e Deporte destaca no seu primeiro encontro co mundo universitario o compromiso de fomentar a calidade do sistema universitario para mellorar a competitividade do país
  • O Consello de Universidades aproba unha declaración de apoio á celebración do VIII Centenario da Universidade de Salamanca en 2018

O ministro de Educación, Cultura e Deporte, José Ignacio Wert, presidiu hoxe por primeira vez o pleno do Consello de Universidades na Universidade de Salamanca. Nesta primeira toma de contacto co mundo universitario, o ministro centrou a súa mensaxe no compromiso do Goberno coa excelencia do sistema universitario a través do fomento do bo goberno, a internacionalización e a innovación.

José Ignacio Wert afirmou que a Universidade é unha “peza clave para que o noso país alcance cotas de competitividade e innovación, necesarias para cobrar protagonismo no mundo”.

Para o ministro, a competitividade das universidades está moi ligada á rendición de contas dos resultados logrados e hoxe máis que nunca “o rigor académico debe combinarse co rigor orzamentario, concienciando ao mesmo tempo aos mozos da importancia de aproveitar o esforzo social que a súa formación comporta”.

O ministro lembrou que a Universidade de Salamanca foi no seu momento símbolo e exemplo para as universidades españolas e iberoamericanas desa excelencia que hoxe se quere potenciar.

VIII Centenario da Universidade de Salamanca

En Salamanca aprobouse a “Declaración do Consello de Universidades”, a través da que se expresa a adhesión institucional plena á conmemoración do VIII Centenario da Universidade de Salamanca e da súa extraordinaria relevancia social, ao constituír unha homenaxe decidida a todas as universidades españolas e iberoamericanas.

En relación aos actos conmemorativos, José Ignacio Wert indicou que a organización “ten moito camiño percorrido en anos anteriores”, e destacou que lle gustaría que esta celebración constituíse “un fito para proxectar o sistema universitario español cara ao futuro, recuperando os valores do esforzo, mérito e excelencia que nos axuden a afrontar un presente cheo de desafíos”.

O ministro tamén agradeceu o esforzo a todas as institucións participantes nos actos conmemorativos do VIII Centenario, nacionais e internacionais, ao ser este “un proxecto ilusionante que mostra o mundo o pasado, o presente e, sobre todo, o futuro das nosas universidades”.

Escoite a intervención do ministro
 

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles