Consello de Ministros
O Consello de Ministros aprobou hoxe a subscrición dun convenio entre o Ministerio de Educación e o Instituto de Crédito Oficial (ICO) que permitirá a xestión do programa Préstamos Renda durante o curso 2010-2011. Destinado a financiar as ensinanzas de máster universitario e doutoramento, o programa disporá de 100 millóns de euros para o período 2010/2011.
O programa Préstamos Renda (dotado con 50 millóns de euros en 2007-2008, 150 ME en 2008-2009 e 75 ME en 2009-2010) ofrece a posibilidade de colaborar no financiamento dos estudos de posgrao e facilita, se é o caso, unha renda mensual aos estudantes que o desexen, mediante un préstamo ligado á renda futura do beneficiario. O Goberno introduciuo no curso 2007-2008 para garantir que todos os graduados universitarios tivesen a oportunidade de realizar estudos de posgrao sen verse excluídos por razóns económicas.
As características e requisitos para solicitar un préstamo renda poden consultarse na convocatoria 2010-2011, que foi publicada o pasado 18 de decembro no Boletín Oficial do Estado e está dispoñible na páxina web do Ministerio de Educación.