Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Nota de prensa

O Goberno transfire 35 millóns de euros a Andalucía e Madrid para o desenvolvemento do Plan Educa 3

23 de decembro de 2010

Consello de Ministros

O Consello de Ministros, a proposta do ministro de Educación, Ángel Gabilondo, aprobou hoxe dous acordos que establecen a transferencia de máis de 35 millóns de euros ás comunidades autónomas de Andalucía e Madrid para continuar coa implantación do Plan Educa3.

O obxectivo deste programa é impulsar a creación de prazas públicas no primeiro ciclo de Educación Infantil, a etapa que abarca desde os 0 aos 3 anos. Para iso, o Goberno autorizou o traspaso de 20.441.561 euros a Andalucía, e da 14.825.787 Madrid.

O Goberno dá cumprimento, así, ao compromiso de distribuír entre as Comunidades Autónomas a cantidade de 100 millóns de euros durante o ano 2010, e de facero baixo os criterios que acordou o Consello de Ministros o pasado 30 de marzo. Por outra banda, dáse tamén cumprimento a Lei Orgánica de Educación que atribúe ás administracións públicas a obriga de promover a creación de prazas suficientes do primeiro ciclo de Educación Infantil, así como a de coordinar as súas actuacións e cooperar con outras entidades para asegurar a oferta educativa.

O Plan Educa3, o plan de impulso da Educación Infantil de 0 a 3 anos, puxoo en funcionamento o Ministerio de Educación no ano 2008 co obxectivo de impulsar e estender este tipo de formación en toda España. Ata o momento investíronse máis de 300 millóns de euros, e está previsto que ata 2012 esa cantidade ascenda a máis de 1000 millóns cofinanciados coas Comunidades Autónomas.

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles