Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Nota de prensa

O Ministerio de Educación e Telefónica asinan un convenio de colaboración para o desenvolvemento do Programa Escola 2.0

30 de novembro de 2010

Destinado a alumnos de Educación Primaria e Secundaria

Ver imaxe en alta resolución. .
  • O acordo establece a creación da tarifa "Movistar ADSL Deberes" que permite aos pais e nais do alumnado participante neste programa a conectividade e o acceso á rede en horario de estudo por un prezo de 16,90 euros ao mes
  • Ademais, contempla a posta en funcionamento do ‘movistar Internet Móbil Deberes’, unha tarifa de datos móbiles por 9,5 euros ao mes
  • Ambas as dúas tarifas incorporan servizos adicionais e gratuítos para os estudantes como Canguro Net, que establece un filtro de contidos, ou Aula 365®, un servizo de apoio escolar con recursos multimedias
  • O Ministerio de Educación impulsa así un dos principais eixes do Programa Escola 2.0: facilitar a conexión a Internet fóra do horario escolar

 

O secretario de Estado de Educación e Formación Profesional, Mario Bedera, e o presidente de Telefónica España, Guillermo Ansaldo, subscribiron hoxe un convenio de colaboración que contempla a posta en funcionamento das tarifas "Movistar ADSL Deberes" e "Movistar Internet Móbil Deberes" dentro do marco de desenvolvemento do Programa Escola 2.0 que ten como un dos seus eixes principais facilitar a conexión a Internet fóra do horario escolar.

O acordo, que se asinou na sede do Ministerio de Educación, pretende garantir a conectividade e acceso á rede dos pais e nais dos alumos de 5º e 6º de Educación Primaria e 1º e 2º de Educación Secundaria Obrigatoria escolarizados en centros educativos que desenvolven o Programa de integración das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) nas aulas.

Co obxectivo de facilitar un acceso á rede non discriminatoria, ‘Movistar ADSL Deberes’ contempla unha cota de alta gratuíta, e unha tarifa chaira de navegación, de luns a domingo entre as 17:00 horas e as 21:00 horas, por 16,90 euros. O servizo inclúe, ademais, router sen fío gratuíto en aluguer, 5 caixas de correo de correo, e espazo para páxina web de 10 Mb.

Pola súa banda, ‘Movistar Internet Móbil Deberes’ ofrece por 9,5 euros ao mes tarifa plana de datos ilimitados no horario de 17.00 a 21.00 horas, todos os días da semana, a través da rede 3G/HSPA, con velocidades máximas de 7,2 Mbps en baixada de información, e 2Mbps en subida. O módem 3G será gratuíto se se adquire un contrato de compromiso de permanencia de 12 meses.

Ambas as dúas tarifas incorporan, ademais, servizos gratuítos adicionais como Canguro Net, un servizo de filtrado de contidos que protexe os usuarios de contidos desaxeitados en Internet, e Aula365®, un servizo de apoio escolar para nenos entre 6 e 16 anos que incorpora recursos multimedias para unha aprendizaxe activo e atractivo.

Aposta pola equidade

Durante o acto, o secretario de Estado de Educación e Formación Profesional, Mario Bedera, destacou que "co Programa Escola 2.0 o Ministerio de Educación non só impulsa a modernización do noso sistema educativo, senón que a través de convenios como o que asinamos hoxe, preténdense crear todas as condicións favorables para que todos os estudantes e as súas familias teñan acceso ao universo de Internet en condicións vantaxosas".

Para Guillermo Ansaldo, presidente da Telefónica España, a sinatura deste convenio demostra que "Telefónica ten un firme compromiso co mundo da Educación, que canda as capacidades da Telefónica Learning Services e a través do programa social Educared, creado fai dez anos, impulsa a mellora da educación por medios das TIC a través de programas e accións integrais do proceso educativo’.

 

Programa Escola 2.0

A sinatura deste convenio enmárcase dentro do desenvolvemento do Programa Escola 2.0, un proxecto que o Ministerio de Educación vén impulsando desde setembro de 2009 e que ten como obxectivo a integración das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) nos centros educativos.
Este Programa baséase nun amplo conxunto de medidas entre as que destacan o uso personalizado dun ordenador portátil por parte de cada alumno, e a posta en marcha das aulas dixitais do século XXI, dotadas coa infraestrutura tecnolóxica e a conectividade básica para abrir o ensino e a aprendizaxe ás Novas Tecnoloxías.
Desde a posta en marcha do Programa Escola 2.0 xa son case 500.000 os alumnos que dispón dun ordenador portátil, preto de 20.000 as aulas dotadas con equipamento dixital, e arredor de 1000.000 os profesores que recibiron a formación especializada necesaria para o seu labor docente adaptada ao uso das TIC.
 

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles