O Consello de Ministros, a proposta do ministro de Educación, Ángel Gabilondo, estableceu hoxe a distribución territorial de 1.700.000 euros destinados á mellora e transparencia da xestión financeira das universidades españolas.
Este diñeiro está destinado a financiar a posta en marcha dun Sistema de información integrado e dunha Comisión de Contabilidade Analítica que a Conferencia Xeral de Política Universitaria e o Consello de Universidades acordaron crear o pasado mes de abril co fin de mellorar a xestión financeira das universidades. A distribución definitiva é a seguinte:
Recoñecemento oficial de títulos
Por outra banda, o Consello de Ministros aprobou o carácter oficial de 402 títulos universitarios de grao e 123 de Doutoramento, que se incorporan así ao Rexistro de Universidades, Centros e Títulos.
Co recoñecemento oficial destes títulos xa son 1.353 Graos e 849 Doutoramentos as titulacións incorporadas ao Rexistro de Universidades, Centros e Títulos.
Consulte os títulos de Doutoramento aprobados 
Consulte os títulos de Grao aprobados 