Consello de Ministros
O Consello de Ministros, a proposta do ministro de Educación, Ángel Gabilondo, aprobou hoxe dous acordos que establecen a transferencia de case 30 millóns de euros ás comunidades autónomas de Andalucía e Cataluña para continuar coa implantación dos programas Escola 2.0 e PROA.
Escola 2.0
En concreto, o Goberno autorizou o traspaso de 15 millóns de euros a Cataluña para continuar coa implantación do programa Escola 2.0 durante o ano 2010.
Este programa conta este ano cunha dotación global próxima aos 100 millóns de euros destinados á dotación de equipamento dos centros, ao mesmo tempo que á formación especializada do profesorado.
PROA
Doutra banda, o Goberno aprobou tamén a transferencia á comunidade autónoma de Andalucía de 14 millóns de euros destinados ao impulso de diversos programas de apoio a centros de Educación Primaria e Secundaria con alumnado en situacións de desvantaxe por razóns socioculturais e socioeconómicas, o coñecido plan PROA.
Durante os últimos cinco anos o investimento na comunidade andaluza é case de 55 millóns de euros, o que permitiu que 1.150 centros, 630 de Educación Primaria, e 520 de Educación Secundaria, poidan desenvolver estes Programas de Reforzo, Orientación e Apoio (PROA).