Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Nota de prensa

O Goberno aproba a distribución de 12 millóns de euros entre as Comunidades Autónomas para aumentar as prazas nas Escolas Oficiais de Idiomas

01 de outubro de 2010

Consello de Ministros

O Consello de Ministros, a proposta do ministro de Educación, Ángel Gabilondo, aprobou hoxe un acordo que establece os criterios de distribución de 12 millóns de euros entre as Comunidades Autónomos destinados a aumentar as prazas e recursos das Escolas Oficiais de Idiomas.

En concreto, estes recursos están destinados ao programa "Inglés para mozos", creado no ano 2007, e que establece unha liña de cooperación entre o Goberno e as Comunidades Autónomas co fin de facilitar o acceso de máis estudantes ao estudo desta lingua estranxeira.

O Goberno estableceu os seguintes criterios de distribución:

• O 70% en función da poboación de idade entre 18 e 30 anos.

• O 30% en función do número de Escolas Oficiais de Idiomas e extensións de Escolas Oficiais de Idiomas en funcionamento en cada unha das Comunidades Autónomas.

A mellora do ensino de idiomas é unha das apostas do Ministerio de Educación, por iso durante os últimos anos fixose un esforzo económico para dotar ás Escolas Oficiais de Idiomas dos recursos financeiros necesarios para garantir o incremento de prazas. Así, desde o ano 2007 o programa "Inglés para mozos" contou cun investimento próximo aos 67 millóns de euros.

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles