Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Nota de prensa

O Goberno aproba a distribución de case 341,5 millóns de euros para financiar a gratuidade da educación infantil

01 de outubro de 2010

Consello de Ministros

O Consello de Ministros, a proposta do ministro de Educación, Ángel Gabilondo, estableceu hoxe a distribución territorial de 341.499.220 euros destinados ao financiamento da gratuidade do segundo ciclo de educación infantil (de 3 a 6 anos) nas Comunidades Autónomas.

En aplicación dos criterios acordados pola Comisión Xeral da Conferencia Sectorial de Educación o día 28 de setembro de 2010, a distribución resultante do crédito é a seguinte:

 

Comunidade Autónoma Dotación
Andalucía 67.317.018
Aragón 10.655.915
Asturias 6.979.453
Baleares 8.977.682
As Canarias 17.773.898
Cantabria 4.105.615
Castela e León 18.971.121
Castela-A Mancha 17.601.364
Cataluña 56.791.126
Comunidade Valenciana 38.827.628
Estremadura 8.941.877
Galicia 19.964.558
Madrid 49.399.202
Murcia 12.758.704
A Rioxa

2.434.059

No País Vasco e Navarra, o financiamento da gratuidade da educación infantil realizarase en conformidade cos seus réximes de financiamento específicos.

Nos últimos anos o Ministerio de Educación potenciou a través de diversas medidas a educación infantil en España, e este é tamén un dos obxectivos reflectidos no Plan de Acción 2010-2011 en materia educativo presentado recentemente.

 

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles