Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Nota de prensa

Eva Almunia e Jaime Lissavetzky destacan o valor formativo do deporte

14 de outubro de 2010

Asinan un convenio para a promoción do deporte entre escolares

Ver imaxe en alta resolución. .

O secretario de Estado para o Deporte, Jaime Lissavetzky, e a secretaria de Estado de Educación e Formación Profesional, Eva Almunia, asinaron esta mañá, na sede do Consello Superior de Deportes, un acordo de colaboración entre o Ministerio de Educación e o CSD para pór en marcha un "Marco Nacional del Deporte en Idade Escolar" que permita modernizar e mellorar a actividade física e a práctica deportiva nos centros docentes.

Eva Almunia referiuse á necesidade de introducir a temperá idade o hábito da práctica deportiva porque "está demostrado que é un costume que non se abandona". Destacou tamén a importancia da actividade física en ámbitos tan fundamentais como a linguaxe, a convivencia social, a prevención de riscos asociados á vida sedentaria e na ocupación do tempo de lecer.
Pola súa banda Jaime Lissavetzky destacou que "hai que aproveitar este gran momento do deporte español para mandar unha mensaxe á sociedade sobre a importancia que ten a actividade física na formación dos nosos mozos".

Ambos os dous coincidiron en que "o deporte non só achega importantes valores na formación e desenvolvemento dos escolares senón que, ademais, é factor moi valioso para entender e practicar conceptos como integración e igualdade".

A publicación elaborada por expertos de ambos os dous organismos recolle os contidos do convenio nun documento que establece as ferramentas básicas para o deseño de proxectos de formación mediante a práctica deportiva e os requisitos mínimos que deben contemplar as actuacións no ámbito da idade escolar.

Con esta iniciativa conxunta, o Ministerio de Educación e o CSD pretenden potenciar a actividade física nos centros escolares como ferramenta fundamental para a loita contra a obesidade infantil; impulsar a actividade física dentro e fóra do horario lectivo e garantir o nivel de calidade e seguridade da práctica deportiva nos centros escolares.

 

 

 

 

 

 

 

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles