Consello de Ministros
O Consello de Ministros, a proposta do Ministro de Educación, aprobou hoxe catro reais decretos cos que complementa o Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais. En concreto introdúcense novas cualificacións relativas ás familias profesionais marítima-pesqueira; de seguridade e medio ambiente; téxtil, de confección e pel; e de transporte e mantemento de vehículos.
As cualificacións profesionais recollen e delimitan os distintos perfís profesionais existentes, permitindo avaliar e acreditar as competencias asociadas a cada un deles. A súa inclusión no Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais é imprescindible para o deseño de novos títulos de Formación Profesional que melloren as opcións de empregabilidade dos estudantes e o seu benestar persoal como traballadores.
Cos decretos de hoxe establécense 18 novas cualificacións e actualízanse 3 xa existentes. Nalgunhas das familias profesionais mencionadas existían sectores para os que non existía aínda formación oficial, polo que as novas cualificacións supón a posibilidade de cubrir ese baleiro e de deseñar unha FP de calidade, axustada ás necesidades do mercado de traballo.