Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Nota de prensa

O Ministerio de Educación subscribe un acordo coa Fundación EOI para a súa incorporación ao programa Campus de Excelencia Internacional

25 de outubro de 2010

Ver imaxe en alta resolución. .

O Ministerio de Educación subscribiu un acordo marco de colaboración coa Fundación Escola de Organización Industrial (Fundación EOI) que permitirá formalizar o desenvolvemento de programas e proxectos considerados de interese no ámbito do Programa Campus de Excelencia Internacional.

Ambas as dúas institucións colaborarán no desenvolvemento das seguintes liñas de actuación:

a) Promover actuacións relacionadas coa transferencia de coñecemento no medio universitario con particular atención aos agregamentos nos campus.

b) Potenciar o encontro dos novos enfoques na educación, coa realidade dos axentes do Sistema español de I+D+i e a colaboración co tecido social e empresarial.

c) Contribuír á especialización, diferenciación e establecemento de alianzas e agregamentos e a internacionalización das propostas presentadas á convocatoria do Programa Campus de Excelencia Internacional.

d) Optimizar a oferta de oportunidades, servizos e instalacións dos campus para que desempeñen sobre o medio social, urbano e cultural unha maior interacción, proxectandose externamente como modelo de referencia.

e) Desenvolver actividades formativas en que a EOI achegará a súa experiencia na formación a directivos, xestores e técnicos como ferramenta estratéxica da empresa sostible e globalizada.

O Programa Campus de Excelencia Internacional, incluído na Estratexia Universidade 2015, en que Goberno investiu máis de 590 millóns de euros desde que se puxo en marcha en 2008, busca mellorar a calidade das nosas universidades e conducir ata a excelencia aos mellores campus, todo iso en beneficio do conxunto da sociedade, mediante o agregamento, a especialización, a diferenciación e a internacionalización do sistema universitario español.

O Programa fomenta o cumprimento polos campus universitarios das seguintes misións: promover o agregamento de institucións que compartindo un mesmo campus elaboren un proxecto estratéxico común; crear un ámbito académico, científico e tecnolóxico creador de novos coñecementos, emprendedor e innovador dirixido a obter unha alta visibilidade internacional; e constituír ámbitos académicos que sexan verdadeiros medios de vida universitaria integrada socialmente ao distrito urbano ou territorio, en altas condicións de calidade e con altas prestacións de servizos e melloras enerxéticas e medioambientais; e, finalmente, estimular que os campus universitarios desempeñen sobre o medio social, urbano, empresarial e cultural unha maior interacción.

A Fundación EOI é unha Fundación do sector público estatal vinculada ao Ministerio de Industria, Turismo e Comercio cuxa misión consiste en: formar alumnos e profesionais en posgrao e formación continua, producir e difundir coñecemento cara á sociedade, e ofrecer servizos de apoio a empresas, emprendedores e administracións co fin de axudarlles a adaptarse ao futuro no contexto globalizado dunha economía social e unha economía verde nos ámbitos da industria, o medio ambiente, a innovación, as novas tecnoloxías e a xestión de coñecemento.

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles