Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Nota de prensa

O Goberno aproba tres novos títulos de Formación Profesional de Grao Superior

10 de setembro de 2010

Consello de Ministros

O Consello de Ministros, a proposta do ministro de Educación, Ángel Gabilondo, aprobou tres Reais Decretos que establecen e regulan, nos aspectos e elementos básicos, os seguintes títulos de Formación Profesional:

 

  • Técnico Superior en Sistemas Electromagnéticos e Automatizados
  • Técnico Superior en Carpintaría e Moble
  • Técnico Superior en Xardinaría e Floraría

 

Ademais, o Goberno aprobou outro Real decreto por que se decidiu pór en marcha o currículo novo do título de Técnico en Xestión Administrativa no curso 2011/2012, e non no 2010/2011 como estaba inicialmente previsto.
Con estes cinco Reais Decretos de hoxe, o Consello de Ministros aprobou xa 45 títulos de Formación Profesional derivados da LOE. A implantación das novas titulacións de FP estará practicamente implantada a finais de 2010.
A oferta de títulos de FP que implanta a LOE, unha vez completada, será de entre 120 e 140, aproximadamente.
 

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles