Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Nota de prensa

Máis do 80% dos alumnos de entre 15 e 19 anos seguen estudos postobrigatorios

07 de setembro de 2010

Presentado o informe da OCDE “Panorama da Educación 2010”

Ver imaxe en alta resolución. .

 

  • Os datos, referentes ao curso 2007/08, demostran que España mellora a media da OCDE en estudos superiores
  • O punto feble da educación española sitúase na Formación Profesional de Grao Medio, malia rexistrar unha mellora de 4 décimas no último ano
  • A OCDE presta unha especial atención á estreita relación entre formación e emprego e á rendibilidade do investimento en educación
  • A porcentaxe dos mozos que abandonan os estudos postobrigatorios antes de terminar redúcese dun 34% a un 27% en oito anos

 

A secretaria de Estado de Educación e Formación Profesional, Eva Almunia, destacou que « os datos de escolarización e de titulación en etapas post obligtorias permítennos ser optimistas ante a evolución do abandono temperán, o principal reto do sistema educativo español », na presentación do informe da OCDE Panorama da Educación 2010 que fai referencia aos datos do curso 2007-08.

Neste sentido, o informe pon de manifesto que no curso 2007/08 o 81% dos alumnos de entre 15 e 19 anos seguen estudando despois da Secundaria, oito puntos máis que en 2001. Así mesmo, Panorama da Educación 2010 sinala o incremento no número de alumnos que logran o título de Bachilleratao ou Formación Profesional de Grao Medio no ano que lles corresponde e que se sitúa nun 73%, fronte ao 66% que o lograba en 2001. (Gráfico A2.1)

Por outra banda o estudo, que realiza anualmente a OCDE, recolle o importante avance no nivel de formación da pobalción adulta no noso país: o número de mozos de entre 25 e 34 anos que hoxe teñen un título de bacharelato, FP de Grao Medio ou ensinanzas superiores (65%) é máis do dobre do de hai 30 anos (29%). En consecuencia, a esperanza de vida escolar, que se sitúa en España en 17’2 anos, achégase á media da OCDE e a UE. (Gráfico C1.7).

« A aposta que os mozos fan hoxe pola educación logrou que España mellore o seu nivel de formación máis rápido que calquera outro país, que teñamos máis titulados superiores que a maioría e que esteamos dando o empurrón definitivo á nosa gran debilidade, a Secundaria postobrigatoria e, especialmente, a FP de Grao Medio », indicou a secretaria de Estado.

O investimento en educación

Desde o punto de vista económico e social, o investimento en educación é rendible porque produce beneficios tanto individuais coma colectivos. E a esta análise a OCDE dedicou este ano unha especial atención.

O orzamento destinado no noso país á educación supón un 13% do gasto total do Goberno e desde 1995 o incremento do gasto por alumno foi do 40% (Gráfico B1.5).

De feito, malia que nos datos de 2007 non se reflexa o gran esforzo investidor dos últimos anos, que situou o orzamento destinado a educación con respecto ao PIB no 5,11%, só a 2 décimas do termo medio da OCDE, o gasto por alumno é superior en España que na maioría dos países (2 puntos) (Gráfico B1.4).

En España, do mesmo xeito que no resto, o investimento en educación recupérase sobradamente. Aínda que en España ese retorno non acada os niveis máis altos, podemos asegurar que por cada euro que investimos en educación, recibimos dous. En educación, os beneficios duplican o custo do investimento.

Só desde un punto de vista económico, a suma do beneficio individual e colectivo que produce un home cunha titulación superior supón en España máis de 180.000 dólares (a media da OCDE son 350.000$) (Gráfico B1.5).

Informe "Panorama da educación 2010"

Audio da rolda de prensa ofrecida por Eva Almunia

 

 

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles