O Consello de Ministros, a proposta do ministro de Educación, Ángel Gabilondo, aprobou un Real decreto por que se actualiza a regulación do Instituto de España. Este órgano, que depende do Ministerio de Educación, reúne os Académicos e Académicas de Número de oito Reais Academias de ámbito nacional: a Española, a de Historia, a de Belas Artes de San Fernando, a de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais, a de Ciencias Morais e Políticas, a Nacional de Medicina, a de Xurisprudencia e Lexislación, e a Nacional de Farmacia. Foi creado en 1937 e os seus estatutos redactados en 1947.
Coa nova norma establécese un marco que adecua o organismo ao medio autonómico, que moderniza a súa organización, dótalle de maior autonomía interna e potencia a implicación das Reais Academias integradas. Preténdese que o Instituto de España siga sendo o punto de encontro das Reais Academias, e a vía para unha mellor coordinación entre elas.
Así, coa nova regulación, o Instituto pasa a concibirse como unha corporación de Academias (non de académicos, como ata agora). Establécense, por primeira vez, os requisitos e o procedemento para a posible incorporación ao Instituto doutras Academias de ámbito estatal.
A organización do Instituto faise máis sinxela, dinámica e flexible, contemplando:
A partir de agora non existirán uns Estatutos do Instituto, senón unicamente a regulación que se contén no propio Real decreto e o seu desenvolvemento no Regulamento interno (que permite a regulación das cuestións menores de funcionamento interno de maneira máis áxil e flexible).
Fóra da regulación do Instituto de España, aproveitouse a ocasión para ordenar algúns elementos esenciais do réxime das Academias de ámbito nacional, que ata agora carecían dun marco xurídico xeral de referencia.
Entre eles destaca a regulación do proceso de creación de novas Academias, que dependerá de dous requisitos: