Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Nota de prensa

O Goberno inventirá 9,2 millóns para construír un Conservatorio Profesional de Música en Melilla

17 de setembro de 2010

 

O Consello de Ministros autorizou o Ministerio de Educación a investir 9,2 millóns de euros para a instalación dun Conservatorio Profesional de Música, da Escola Oficial de Idiomas e dun Centro de Ensino de Adultos na cidade de Melilla.

Estes centros, que se instalarán no edificio do antigo Mercado Central de Abastos da cidade, terán unha capacidade para impartir formación a 180 postos escolares no Conservatorio Profesional de Música, 1.000 alumnos na Escola Oficial de Idiomas e 650 alumnos no Centro de Adultos. Así mesmo prévése a construción dun Auditorio destinado a usos públicos da cidade.

O orzamento total para a realización da obra, que se executará nos vindeiros tres anos, ascende a 9.155.478,71 euros.

O Goberno de España esta desenvolvendo esforzos importantes por mellorar o sistema educativo en Ceuta e en Melilla. Froito deste empeño foron a posta en marcha de cadanseu plans para o período 2009-2011, denominada Ceuta Educa e Melilla Educa.

 

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles