En xaneiro de 2009, considerouse conveniente, pór en marcha unha serie de foros e espazos interactivos para facer partícipes todos os axentes da Comunidade Universitaria do proceso de construción do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES). Para iso creáronse varias páxinas web con entradas a foros e caixas de correo de participación.
Tras máis dun ano e medio de funcionamento considérase que unha vez realizada a adaptación ao EEES dos ensinos universitarios, cumpríronse os obxectivos marcados polo que se dará por finalizada a actividade o 31 de agosto. Neste sentido os contidos xerados nos foros activaron a participación cidadá e, máis concretamente, a do colectivo de estudantes. Así mesmo levouse a cabo unha actualización durante este período dos acontecementos arredor do proceso de Bologna e tratouse de dar resposta ás preguntas que suscitaban un maior interese.
As cuestións que neste momento son de interese para os estudantes en xeral son do ámbito das propias universidades onde as oficinas de información e orientación aos estudantes teñen plena competencia e coñecemento.
Desde o Ministerio de Educación queremos agradecer a todos os que participastes nestes espazos interactivos, así como recoñecer o labor do equipo de colaboradores que fixeron posible a súa xestión.
Unha vez cerrados os foros e caixas de correo efectuarase unha análise da participación dos distintos colectivos que será publicado durante o mes de setembro.