Equipase os seus requisitos iniciais cos esixidos ao profesorado dos centros públicos
O Consello de Ministros, a proposta do ministro de Educación, Ángel Gabilondo, aprobou o Real decreto que regula as condicións de formación inicial do profesorado dos centros privados para exercer a docencia nas ensinanzas de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) ou de Bacharelato.
Esta norma establece os requisitos formativos dos profesionais que impartan os niveis formativos de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato en centros privados.
Ademais, equipase os requisitos de formación inicial deste profesorado cos esixidos ao profesorado dos centros públicos, tendo en conta que nestes últimos a acreditación da formación axeitada para cada materia acredítase a través do proceso selectivo de acceso á función pública docente.
Así, este Real decreto evoluciona a normativa que existía ata agora, modernizando o noso sistema educativo, xa que se elevou o rango. A partir de agora é un Real decreto a norma que regula as condicións de formación inicial destes profesionais e non unha Orde Ministerial como ocorría actualmente.
A aprobación desta norma enmárcase no Plan de Acción 2010-2011 impulsado polo Ministerio de Educación que ten como obxectivo o desenvolvemento dun sistema educativo máis moderno e con máis calidade.