Xa se poden presentar as solicitudes en www.educacion.gob.es/becas2010
O Ministerio de Educación abriu o prazo de solicitude de bolsas para o curso 2010-2011 correspondentes a todos os estudos posteriores ao ensino obrigatorio: Bacharelato, Formación Profesional, Ensinanzas artísticas, Ensinanzas deportivas, Estudos de idiomas, Programas de Cualificación profesional Inicial, e estudos universitarios: Grado, Master e Primeiro e Segundo Ciclo.
As solicitudes pódense presentar a través da páxina web do Ministerio de Educación: www.educacion.gob.es/becas2010, ata o vindeiro 30 de setembro, no caso das bolsas para ensinanzas non universitarias, e ata o 15 de outubro no caso das bolsas para ensinos universitarios.
As persoas que soliciten as axudas deben ter en conta o siguente.
Estas bolsas están dirixidas aos estudantes que estudan na mesma comunidade autónoma do seu domicilio e para quen cambian de comunidade autónoma por razón dos seus estudos.
As bolsas teñen diferentes compoñentes: para matrícula, para material, para transporte, para residencia, para compensar a ausencia de salario pola dedicación ao estudo, mobilidade en caso de estudar nunha comunidade autónoma distinta á de residencia, etc., que se asignan aos estudantes atendendo ás súas circunstancias persoais, especialmente á súa renda familiar e á distancia entre o seu domicilio e o centro en que cursa os seus estudos.
O lanzamento desta convocatoria conta cun orzamento de 1.203 millóns de euros, un 3,5% máis que no curso anterior. Este investimento permitirá, por exemplo, que o 57% dos estudantes universitarios estea en condicións de obter, en función da súa renda familiar, unha bolsa que cubra o importe da súa matrícula na Universidade.
Isto demostra a aposta do Goberno pola educación como elemento fundamental para a reactivación económica do país e instrumento imprescindible para saír da crise. Ademais, esta aposta enmárcase dentro do Plan de Acción 2010-2011 en materia educativo presentado recentemente polo ministro de Educación, Ángel Gabilondo.
Precisamente este Plan incorpora outra iniciativa destacada neste ámbito: a creación do Observatorio de Bolsas, Axudas e Rendemento Académico que contribuirá a incorporar máis calidade ao sistema de bolsas.
Toda a información sobre a Convocatoria Xeral de Bolsas para o curso 2010-2011 (modalidades, requisitos, limiares, etc.) está dispoñible en: www.educacion.gob.es/becas2010.