Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Nota de Prensa

O Goberno establece as condicións dos plans de estudos que habiliten para exercer a profesión de arquitecto

23 de xullo de 2010

Consello de Ministros

O Consello de Ministros de hoxe, a proposta do ministro de Educación, Ángel Gabilondo, aprobou un Acordo por que se establecen as condicións que teñen que cumprir os plans de estudo que habiliten para o exercicio da profesión de arquitecto.

Despois de atender as demandas das distintas entidades, organizacións e organismos públicos implicados na definición das condicións formativas que dan acceso a esta profesión regulada, o Goberno determinou que os plans de estudos terán unha duración de 300 créditos no caso do Grado e de 60 créditos no caso do master.

O acceso aos estudos conducentes á obtención do título de master, que é o que habilitará para o exercicio da profesión, requirirá a previa superación das ensinanzas de Grado.

A partir deste acordo establécese unha nova ordenación para os títulos que habiliten para o exercicio da profesión regulada de arquitecto. E faio froito do consenso e a negociación cos representantes dos diferentes estamentos do sector, isto é: Directores de Escolas, Consello Xeral de Colexios de Arquitectos e Representantes de Alumnos.


 

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles