Consello de Ministros
O Consello de Ministros, a proposta do ministro de Educación, Ángel Gabilondo, aprobou seis Reais Decretos que concretan os contidos básicos do títulos das ensinanzas artísticas superiores e que son: Arte Dramática, Música, Danza, Deseño, Artes Plásticas en Especialidades de Cerámica e Vidro, e Conservación e Restauración de Bens Culturais.
Estes Reais Decretos regulan por primeira vez o contido das ensinanzas artísticas superiores que teñen a consideración a todos os efectos de ser equivalentes aos correspondentes títulos universitarios de grao.
O Ministerio de Educación prosegue así coa regulación de ensinanzas superiores non universitarias, xa previstas na LOE, e cuxo desenvolvemento específico por materias proxéctanse nestes Reais Decretos.
Os obxectivos que se pretenden con esta regulación son os seguintes:
O novo espazo de ensinanzas superiores non universitarias representa unha novidade neste país e o éxito da súa culminación requirirá de todo o apoio e difusión por parte das Administracións Educativas, e da preservación dos seus correspondentes ámbitos de forma independente, polo menos, ata o seu total afianzamento na sociedade.