Consello de Ministros
O Consello de Ministros, a proposta do ministro de Educación, Ángel Gabilondo, aprobou cinco Reais Decretos que establecen e regulan, nos aspectos e elementos básicos, os seguintes títulos de Formación Profesional:
Con estes cinco Reais Decretos de hoxe, o Consello de Ministros aprobou xa 40 títulos de Formación Profesional derivados da LOE. Outros 4 encóntranse en avanzado estado de tramitación e serán aprobados proximamente. A implantación das novas titulacións de FP estará practicamente implantada a finais de 2010.
A oferta de títulos de FP que implanta a LOE, unha vez completada, será de entre 120 e 140, aproximadamente.