Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Nota de prensa

O Goberno simplifica a creación de centros privados integrados de Formación Profesional

07 de maio de 2010

 

O Consello de Ministros aprobou un Real decreto que simplifica os trámites necesarios para que entidades privadas poidan funcionar como centros integrados de Formación Profesional, reducindo a un o dobre procedemento de autorización administrativa que era preceptiva ata hoxe.

Os centros integrados de Formación Profesional son aqueles que imparten todas as ofertas formativas que conducen á obtención de Títulos de Formación Profesional e / ou Certificados de Profesionalidade. Co Real decreto aprobado hoxe modifícase o requisito de dobre autorización que se esixía aos centros privados ata agora (por parte da administración laboral e da administración educativa), procedendose a integrar ambos os dous procedementos de autorización.

Os Ministerios de Educación e de Traballo e Inmigración lanzaron hai ano e medio un roteiro para mellorar e impulsar os estudos de Formación Profesional en España. Unha das medidas previstas era a mellora das condicións dos centros integrados de Formación Profesional e a súa adecuación ao marco normativo europeo.

Con este Real decreto continúa a adaptación do sistema educativo español á Directiva europea de Servizos, co obxectivo de crear un medio máis favorable á actividade, á creación de emprego, á posta en marcha de novos proxectos emprendedores e, en xeral, á dinamización do sector servizos con repercusións positivas no conxunto da actividade económica.
 

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles