Consello de Ministros
O Consello de Ministros, a proposta do ministro de Educación, Ángel Gabilondo, aprobou a sinatura dun convenio entre o Ministerio de Educación e o Goberno das Canarias para a construción, ampliación, reforma, adaptacións de infraestruturas e equipamento de centros docentes non universitarios desta comunidade autónoma, dotado con 40 millóns de euros.
Este convenio enmárcase no Plan Integral de Emprego das Canarias que persegue a mellora do capital humano para lograr unha maior inserción da poboación no mercado do traballo e un incremento da produtividade. Para acadar a devandita fin é preciso lograr os mellores resultados do sistema educativo en todos os seus aspectos, polo que ten que contarse coas infraestruturas educativas axeitadas e necesarias.