Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Nota de prensa

Convocadas as axudas ARCE 2010 para xerar proxectos educativos comúns entre Comunidades Autónomas

07 de maio de 2010

Dotadas con 2,4 millóns de euros

O Ministerio de Educación convocou as axudas 2010 do programa ARCE, dotadas con 2,4 millóns de euros, para o establecemento de agrupacións ou redes de centros e institucións educativas de distintas Comunidades Autónomas. O obxectivo é o desenvolvemento de proxectos comúns, a extensión de boas prácticas e o fomento da cooperación territorial.

A convocatoria, publicada no Boletín Oficial do Estado do día 6 de maio, está orientada e estender as solucións e os enfoques educativos que dean bos resultados nas distintas Comunidades Autónomas e vai dirixida aos centros e institucións públicas de educación.

Estes poderán establecer agrupacións bilaterais ou multilaterais para desenvolver un proxecto común que debe levarse a cabo en equipo en todos os centros participantes. A súa duración será de dous cursos escolares.

O importe total máximo destinado a esta convocatoria é de 2,4 millóns de euros. A contía máxima anual da axuda será de 8.200 euros por cada centro ou institución educativa que participe no proxecto, podendose aumentar esta cantidade ata un 20% se algún centro da agrupación está situado nas Illas Baleares, As Canarias, Ceuta ou Melilla. O prazo de solicitudes conclúe o 7 de xullo de 2010.

A convocatoria de axudas coincide coas Xornadas que o Ministerio de Educación organizou en Madrid entre os días 7 e 9 de maio sobre o programa ARCE. O encontro reunirá a preto de 160 profesionais do ámbito procedentes de todas as Comunidades Autónomas e das cidades de Ceuta e Melilla.

Durante as xornadas, o profesorado terá a oportunidade de intercambiar ideas e experiencias, establecer posibles agrupacións de centros con intereses compartidos e chegar a un proxecto común co que poidan presentarse a convocatoria.

Programa ARCE

A posta en marcha dos proxectos ARCE comporta unha comunicación fluída entre centros de distintas comunidades autónomas e polo tanto un uso frecuente das Tecnoloxías da Información e a Comunicación. Tamén implica o desenvolvemento de reunións conxuntas e actividades que contemplan encontros entre o profesorado e o alumnado dos centros que forman parte da agrupación. O programa pasou de 68 institucións participantes en 2006 a 297 en 2009.

Algúns dos proxectos seleccionados en convocatorias anteriores foron os seguintes:

  • A auga que nos une. Centros participantes: IES Salvador Victoria (Monreal del Campo, Teruel); IES Carlos Bousoño (Majadadhonda, Madrid); IES El Parador (Roquetas de Mar, Almería).
  • Propostas para unha construción sostible: bioconstrución. Centros participantes: IES Hermenegildo Lanz (Granada, Andalucía; IES Santa Lucía (Santa Lucía, Canarias); IES La Merced (Valladolid, Castela e León); IES Cristofol Ferrer (Barcelona, Cataluña; IES Someso (A Coruña, Galicia); IES Carmen Conde (Las Rozas, Madrid).
  • A participación do alumnado na organización e xestión do centro. Centros participantes: IES El Álamo (El Álamo, Madrid; IES Fernando de los Ríos (Fuente Vaqueros, Granada); IES San Martín (Talayuela, Cáceres); IES Txurdinada Behekoa (Bilbao, Bizkaia; IES Camino Romano (Sisante, Cuenca); IES Enric Valor (Pego, Alacante).
  • Biblioteca: espazo de aprendizaxe e diversión. Centros participantes: CEIP L’Arjau (Villanova i la Geltrú, Barcelona; CEIP Emilia Pardo Bazán (A Coruña); CEIP José Mª de Pereda (Leganés, Madrid); CEIP La Paloma (Azuqueca de Henares, Guadalaxara.
  • Por unha comunidade educativa de todos e para todos. Centros participantes: CEIP Tierra de Pinares (Mojados, Valladolid; IES Octavio Cuartero (Villarobledo, Albacete); IES Hermanos Del Huyar (Logroño, A Rioxa); IES Severo Ochoa (Alcobendas, Madrid.
  • A educación nunha nova cidadanía mediante creacións e aplicacións audiovisuais. Centros participantes: IES Torre del Prado (Málaga); IES Satafi (Getafe, Madrid); IES Enrique Nieto (Melilla).
  • Matemáticas máis recreativas. Centros participantes: CEIP Diego Requena (Villarobledo, Albacete; CEIP Cabrales (Xixón, Asturias); CEIP Santo Domingo (Alcorcón, Madrid).
  • ERA. Enerxías renovables e auga. Centros participantes: IES Alto Almanzora (Tíjola, Almeria; IES Miguél Catalán (Zaragoza, Aragón); IES Punta Larga (Candelaria, Tenerife); IES Carlos Casares (Vigo, Galicia)

Aqueles centros que non puideron participar nas Xornadas dispón dun espazo na páxina web do Ministerio de Educación onde publicitar os seus proxectos e acceder a toda a información sobre o Programa ARCE, incluída a descrición destes proxectos:

http://educacion.gob.es/educacion/comunidades-autonomas/programas-cooperacion/agrupaciones-centros-educativos.html 
 

 

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles