Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Nota de prensa

Aprobados cinco novos títulos de Formación Profesional

16 de abril de 2010

Consello de Ministros

O Consello de Ministros, a proposta do ministro de Educación, Ángel Gabilondo, aprobou cinco reais decretos que establecen outros tantos títulos de formación profesional e as súas respectivas ensinanzas mínimas:

1. Técnico Superior en Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma

Competencia xeral do título: desenvolver, implantar, documentar e manter aplicacións informáticas multiplataforma, utilizando tecnoloxías e medios de desenvolvemento específico, garantindo o acceso aos datos de xeito seguro e cumprindo os criterios de "usabilidade" e calidade esixida nos estándares establecidos.

Este profesional exerce a súa actividade en entidades públicas ou privadas de calquera tamaño, tanto por conta allea coma por conta propia, desempeñando o seu traballo na área de desenvolvemento de aplicacións informáticas multiplataforma en diversos ámbitos: xestión empresarial e de negocio, relacións con clientes, educación, lecer, dispositivos móbiles e entretemento, entre outros; aplicacións desenvolvidas e implantadas en medios de alcance intranet, extranet e Internet; implantación e adaptación de sistemas de planificación de recursos empresariais e de xestión de relacións con clientes.

2. Técnico Superior en Procesos e Calidade na Industria Alimentaria

Competencia xeral do título: organizar e controlar os procesos de elaboración de produtos alimentarios programando e supervisando as operacións e os recursos materiais e humanos necesarios, aplicando os plans de produción, calidade, seguridade alimentaria, de prevención de riscos laborais e de protección ambiental, de acordo coa lexislación vixente.

Este profesional exerce a súa actividade en pequenas, medianas ou grandes empresas da industria alimentaria integrado nun equipo de traballo onde realiza tarefas de xestión da produción, organización e control, nas áreas funcionais de loxística, investigación e desenvolvemento, calidade, seguridade alimentaria, prevención de riscos laborais e protección ambiental. Actúa como mando intermedio baixo a supervisión dun responsable técnico de nivel superior, aínda que en pequenas empresas dispón dun maior grao de autonomía podendo asumir labores de xestión e dirección de empresa.

3. Técnico en Elaboración de Produtos Alimentarios

Competencia xeral do título: consiste en elaborar e envasar produtos alimentarios de acordo cos plans de produción e calidade, efectuando o mantemento de primeiro nivel dos equipos e aplicando a lexislación vixente de hixiene e seguridade alimentaria, de protección ambiental e de prevención de riscos laborais.

Este profesional exerce a súa actividade en pequenas, medianas ou grandes empresas, con niveis moi diversos tanto na súa tecnoloxía como na súa organización. Son traballadores por conta allea que se integran nun equipo de traballo con persoas de seu mesmo ou inferior nivel de cualificación, onde desenvolven tarefas individuais e en grupo nas áreas funcionais de recepción de materias primas e materiais, preparación e manexo de equipos de produción, control de operacións de elaboración, envasado e embalaxe, de apoio ao control de calidade, almacenaxe e expedición de produtos acabados.

En xeral, dependerá organicamente dun mando intermedio, a excepción de pequenas empresas ou en que aínda as operacións manuais posúen relevancia, nas que pode exercer funcións de supervisión de operarios e depender, no seu exercicio, directamente do responsable de produción.

4. Técnico en Electromecánica de Vehículos Automóbiles

Competencia xeral do título: consiste en realizar operacións de mantemento, monta¬je de accesorios e transfor¬maciones nas áreas de mecánica, hidráulica, pneumática e electricidade do sector de automoción, axustandose a procedementos e tempos establecidos, cumprindo coas especificacións de calidade, seguridade e protección ambiental

Este profesional exerce a súa actividade no sector de construción e mantemento de vehículos, nos subsectores de automóbiles, motocicletas e vehículos pesados; empresas de frotas de aluguer de vehículos, servizos públicos, transporte de pasaxeiros e mercadorías; empresas fabricantes de vehículos e compoñentes e en empresas dedicadas á inspección técnica de vehículos.

5. Técnico en Fabricación de Produtos Cerámicos

Competencia xeral do título: realizar e coordinar a preparación, mantemento e condución de máquinas, equipos e instalacións para a fabricación de produtos cerámicos conformados, fritas, esmaltes e pigmentos cerámicos, e realizar ensaios de caracterización e control de produtos, asegurando a súa execución coa calidade requirida e nas condicións de seguridade e de protección ambiental establecida.

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles