O Ministerio de Educación lanzou a convocatoria do Programa Campus de Excelencia Internacional (CEI) correspondente ao ano 2010 que foi publicada hoxe no Boletín Oficial do Estado.
Este programa busca mellorar a calidade das universidades españolas e conducir ata a excelencia aos mellores campus mediante o agregamento, a especialización, a diferenciación e a internacionalización do sistema universitario español.
A nova convocatoria aposta por reforzar aspectos como os agregamentos estratéxicos como medio para conseguir a excelencia e relevancia internacional, a política de atracción e incentivación do talento emprendida polas universidades, a constitución de Escolas de Doutoramento e Escolas de Posgrao internacional e interuniversitario, con programas conxuntos de investigación, ou a participación do sistema universitario nun novo modelo de economía sostible e na formación profesional.
A convocatoria CEI 2010 conta cun orzamento por parte do Ministerio de Educación de 90,5 millóns de euros, distribuídos en 15,5 millóns en subvencións e 75 millóns en préstamos.
Este programa está coordinado polos Ministerios de Educación e Ciencia e Innovación. Ademais incorpora por primeira vez a participación dos Departamentos de Vivenda e Igualdade, os cales achegarán financiamento aos mellores proxectos seleccionados.
A nova convocatoria do programa CEI segue mantendo como principal obxectivo a selección dos mellores proxectos de agregamento coordinados por universidades españolas para a conversión de seus campus en Campus de Excelencia Internacional, coa finalidade de financiar a realización destes proxectos e que poidan ser levados á práctica mediante a participación das Comunidades Autónomas. Esta selección realízase nunha primeira fase en que se elixen aos proxectos que poderán pasar á segunda fase e ser presentados ante unha Comisión Internacional. A estes proxectos se lles outorgará unha axuda para preparar esa presentación.
Na segunda fase, previo informe pola Comisión Internacional dos proxectos presentados, elíxense os proxectos que obterán a cualificación de Campus de Excelencia Internacional e o financiamento para a súa posta en práctica.
Como complemento a ese eixe básico do programa establecéronse outros dous subprogramas, o de Fortalecemento e o Interministerial de Modernización, que buscan reforzar o financiamento dos mellores proxectos presentados en cada convocatoria a través de axudas concedidas para a realización de aspectos parciais dos mesmos que destaquen pola súa calidade. Este financiamento provén non só dos orzamentos do Goberno e Comunidades Autónomas, senón tamén doutras entidades como a ONCE ou a Fundación Europea para a Sociedade da Información e a Administración Electrónica.
Para preparar a nova convocatoria en 2010 decidiuse consultar ás universidades, CCAA e membros dos tribunais do ano pasado, sobre as melloras que considerasen necesario incluír na nova regulación para optimizar o programa. As observacións recibidas foron analizadas por un Comité Asesor nomeado para ese fin, con representantes das CCAA, universidades e o MICINN, que comité tivo dúas reunións os días 12 e 27 de xaneiro de 2010, na primeira das que se formularon propostas de modificación na regulación do Programa Campus de Excelencia Internacional e como consecuencia da segunda aprobouse o texto que elaborou o Ministerio de Educación seguindo esas propostas
O Programa Campus de Excelencia Internacional naceu en 2008 cunha primeira etapa de preparación das universidades. A primeira convocatoria en concorrencia competitiva foi realizada en 2009 e contou coa participación do 84% de universidades públicas e unha gran parte das privadas, que decidiron formar parte da aposta do Goberno por modernizar a universidade española e efectuar un exercicio de planificación estratéxica.