Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Nota de prensa

O Goberno aproba os termos para o acceso dos estudantes de Andorra á universidade española

16 de abril de 2010

Consello de Ministros

O Consello de Ministros aprobou, a proposta do Ministerio de Educación, o acordo acadado entre España e o Principado de Andorra onde se especifican os requisitos necesarios para que os cidadáns andorranos poidan acceder ás universidades españolas.

Os estudantes de Andorra deberán superar no seu país unha proba de bacharelato que lles será validada pola Fase Xeral da Proba de Acceso á Universidade (PAU) en España. Quedarán sometidos ás mesmas notas de corte que os estudantes españois e, do mesmo xeito que estes, se desexan mellorar a súa nota terán que presentarse aos exames da fase específica.

O acordo obsérvase como un novo paso beneficioso dentro do proceso continuo de internacionalización das universidades españolas, considerado imprescindible para a súa modernización.

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles