Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Comunicado

Comunicado do Ministerio de Educación

18 de xaneiro de 2010

Sobre as propostas recibidas para o Pacto Social e Político pola Educación

Como se decidiu na última reunión da Conferencia sectorial de Educación, as diferentes Comunidades Autónomas remitiron, a partir do documento de bases para un Pacto Social e Político pola Educación entregada por este Ministerio, as súas propostas de cara á reunión da Conferencia Sectorial do próximo día 27 de Xaneiro.

Recibíronse as propostas de todas as Comunidades Autónomas. Os conselleiros das Comunidades de Castela e León, Galicia, A Rioxa, Madrid, Murcia e Comunidade Valenciana remitiron de forma conxunta un documento do PP que subscriben como "Proposta para un pacto pola reforma e mellora da educación en España".

Tamén esta semana o Ministerio de Educación vaise a reunir con todos os sectores da comunidade educativa representada no Consello Escolar do Estado (sindicatos, pais e nais, estudantes, directores de centros e as patronais de ensino). Así mesmo, esta semana celebrarase un Consello de Universidades e unha reunión coa permanente da Conferencia de Reitores para abordar os retos da educación superior.

Todas estas propostas elaboráronse sobre a base das conversacións e documentos anteriores, ademais das posicións singulares que incorporaron as diferentes organizacións.

O Ministerio de Educación vai analizar agora as propostas enviadas polas Comunidades Autónomas e as achegas realizadas polos diferentes sectores da comunidade educativa a fin de elaborar un texto co máximo consenso posible para proseguir na tarefa de lograr un Pacto Social e Político pola Educación.

Este texto será o documento para avanzar no debate con todos os grupos parlamentarios, axentes sociais e coas Comunidades Autónomas na busca dun acordo sobre un asunto tan decisivo como é a educación.

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles