Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Nota de prensa

Informes do ministro sobre o sistema de bolsas, a dimensión social da Educación Superior en Europa e o diagnóstico da Educación en España

15 de xaneiro de 2010

Consello de Ministros

O ministro de Educación, Ángel Gabilondo, presentou informes o Consello de Ministros cos seguintes temas:

1. Informe sobre o diagnóstico da educación en España
2. Informe sobre o sistema de bolsas e axudas. O Observatorio Universitario
3. Informe sobre a dimensión social da educación superior en Europa

1. Diagnóstico da educación en España

A sociedade española apostou pola educación nos últimos 30 anos. Así mesmo, o futuro de España pasa por manter este esforzo.

Os informes nacionais e internacionais demostran unha rápida evolución do nivel de formación da poboación adulta nas pasadas tres décadas, en que se aconteceron as principais conquistas da nosa educación: universalización do sistema, a participación das familias, a gratuidade desde os 3 anos, a mellora do sistema de bolsas e da igualdade de oportunidades, entre outras.

O informe especifica que a formación dos españois mellorou en 37 puntos e reduciuse á metade a diferenza coa media europea. Esa mellora foi especialmente intensa na última década, período en que España conseguiu un avance de 20 puntos.

Deste xeito, segundo datos de 2007, máis da metade dos españois acadaron estudos postobrigatorios ou que a esperanza de vida escolar dos españois supera xa os 17 anos, dato similar ao da OCDE e a Unión Europea.

Son especialmente significativos os avances na educación infantil. De 3 a 6 anos universalizouse en boa parte grazas a un investimento de case 3.400 millóns de euros no período 2006-2010 cofinanciada entre o Goberno de España e as Comunidades Autónomas. De 0 a 3 anos nos últimos 10 anos multiplicouse por catro o número de nenos escolarizados.

Tamén hai que destacar a extensión da educación postobrigatoria ata os 16 anos e o feito de que a porcentaxe de graduados en bacharelato e ciclos formativos de grao medio aumente en 12 puntos nos últimos 10 anos. Por iso, reduciuse a distancia coa OCDE de 15 puntos en 1995 a 9 en 2007. En educación superior produciuse un aumento substancial nos titulados. Ademais, e nos últimos 30 anos creáronse dous terzos das universidades españolas e o número de estudantes universitarios triplicouse.

Tamén é neste período, que coincide coa asunción das Comunidades Autónomas das competencias en educación, tamén se produciu un gran aumento dos recursos económicos que entre todas as administracións éstánse pondo a disposición do sistema educativo. En 2009 xa acadan o 4,9 por cento do PIB, o que significa reducir significativamente a diferenza con respecto á media dos países da OCDE. 

Retos
O informe sinala tamén os retos da educación en España. Así, entre outros aspectos de actuación prioritaria, sinálanse a necesidade de seguir impulsando a educación de 0 a 3 anos, potenciar o coñecemento de idiomas e a competencia lectora dos alumnos, modernizar a FP e en concreto reducir a distancia con respecto a Europa en titulados de Formación Profesional de Grao Medio e sobre todo reducir as taxas de abandono escolar.

No referente á universidade os desafíos veñen do lado da necesidade de abordar o abandono prematuro dos estudos universitarios, especialmente no primeiro ano de carreira e potenciar a mobilidade de estudantes, profesores e investigadores. Tamén cómpre apoiar o proceso de internacionalización, busca da excelencia e da especialización das nosas universidades.

O informe dedica un apartado especial ao profesorado en que se indica que en España se vai a producir nos próximos anos a substitución dun importante número de profesores na educación secundaria obrigatoria. As melloras na formación inicial do profesorado grazas ao novo máster de secundaria e nos mecanismos de selección do profesorado deben contribuír de xeito decisivo á mellora dos resultados educativos.

Iniciativas
Para cada un destes retos o Goberno de España está pondo en marcha unha variedade de iniciativas: no ámbito da educación infantil coa creación de prazas públicas de calidade a través do programa Educa3; no da FP, un proceso de reforma, impulso modernización que implica novos títulos e procesos de acreditación da experiencia; No ámbito do abandono puxéronse en marcha programas de mellora de calidade educativa e un Plan contra o Abandono específicas de acordo con todas as comunidades autónomas, así como bolsas especialmente destinadas a colectivos con maior risco de abandono.

No ámbito universitario, a Estratexia Universidade 2015 ten como obxectivo situar as nosas universidades entre as mellores do mundo. Para iso puxose en marcha a iniciativa Campus de Excelencia Internacional, cun total de 203 millóns de euros en 2009, cun obxectivo: modernizar e internacionalizar a universidade española, facera protagonista e motor do cambio cara a un modelo produtivo sostible baseado no coñecemento. E ademais impulsar este cambio a través da suma nun mesmo proxecto de todas as institucións xeradoras de coñecemento dunha mesma área xeográfica: universidades, centros de investigación, parques tecnolóxicos, hospitais etcétera. 

A adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior é outro factor de modernización do noso sistema universitario xa que comporta novas formas de ensinar e de aprender na universidade. Neste sentido o informe destaca que neste curso 2009-2010 o 50 por cento dos alumnos de primeiro de carreira están xa estudando algún dos case 1.300graos adaptados ao EEES.

2. Informe sobre o sistema de bolsas e axudas. O Observatorio Universitario

A política de bolsas é unha das grandes prioridades e un compromiso deste Goberno en materia de políticas sociais e máis nunha situación de crise como a actual, que demanda un maior compromiso social e unha maior eficacia.

Esta concepción política traduciuse nun impulso decidido que se notou nos orzamentos destinados a bolsas e axudas e en toda unha serie de medidas de mellora na xestión. En España desde 2005 as bolsas son un dereito e a lei garante a igualdade no acceso ás bolsas en todo o territorio.

Desde 2004 os créditos destinados a bolsas e axudas incrementáronse nun 70 por cento, pasando de 821 millóns de euros en 2004 a 1.393 millóns de euros en 2010.

Durante o curso 2008 - 2009, o total de beneficiarios de bolsas e axudas foi de 1,6 millóns de persoas. No presente curso ese total espérase que alcance 1,68 millóns.

Para o actual curso 2009 - 20010, seguindo os criterios de equidade e eficacia, introducíronse diversas melloras no sistema de bolsas. Por exemplo, os límites máximos de renda que dan dereito a bolsa eleváronse un 3´6 por cento con respecto ao curso pasado. Para o valor mínimo de renda, a cantidade que pode percibir un bolseiro chegar a 6.656 euros. No curso 2009-2010 calquera estudante universitario dunha familia de catro membros, cunha renda de ata 38.831 euros, pode obter unha bolsa.

Ademais creouse a bolsa de mantemento destinada a alumnos dos módulos voluntarios dos Programas de Cualificación Profesional Inicial. É unha bolsa pensada para aqueles estudantes con maiores probabilidades de abandonar os seus estudos de forma prematura. Polo tanto, é unha medida para combater o abandono escolar temperán. Para os estudantes de Grado, deseñouse unha nova modalidade de bolsa salario cunha contía de 2.800 euros. A esta cantidade súmase o importe de exención de taxas, bolsa de material, transporte, residencia, etc.

Merece tamén unha especial atención as novidades referidas ás bolsas e axudas para estudantes universitarios con discapacidade: por un lado creouse a "matrícula reducida", por que un alumno cun 65 por cento de discapacidade poderá matricularse da metade dos créditos necesarios. E se se matricula do total da carga lectiva, terá dereito a un aumento na contía da súa bolsa do 50 por cento.

Así mesmo, o Goberno apostou por apoiar a reciclaxe profesional daquelas persoas en situación de desemprego que aposten por ampliar a súa formación. Para iso, o Ministerio de Educación aprobou unha dotación extraordinaria de 70 millóns de euros a través da que se financiaba o total da matrícula nun máster oficial cursado en universidades públicas para todas aquelas persoas de entre 25 e 40 anos en situación de desemprego.

Agora o Ministerio de Educación traballa nun novo modelo de bolsas axeitadas ao escenario do Espazo Europeo de Educación Superior impulsando a mobilidade, con programas que recibiron un decidido impulso como Erasmus ou Séneca ou outros de recente creación como os préstamos renda universidade. 

O camiño cara a un novo modelo de bolsas tamén se apoiará na posta en marcha dun observatorio de bolsas que analizará o sistema de bolsas en todas os seus variables, orzamentarias, académicas, sociolóxicas e económicas.

3. Informe sobre a dimensión social da educación superior en Europa

A dimensión social da educación superior vai cobrar un especial protagonismo con motivo da Presidencia Española da Unión Europea. Este é un obxectivo compartido por todos os países da UE e do Espazo Europeo de Educación Superior, que, como saben, engloba 46 países europeos, comunitarios e non comunitarios. 

Esta dimensión social ten dous grandes eixes: por un lado que todos teñan acceso á educación, independentemente da súa renda ou da súa situación social. E por outro, aumentar a relación entre as universidades e a sociedade, incrementando a colaboración entre as institucións de educación superior e os axentes económicos, sociais e políticos.

Por todo iso, a Presidencia española da UE proporá un Plan de Acción co obxectivo de desenvolver unha comunidade de educación superior na Unión Europea baseada na xustiza social, a calidade e a equidade. Este Plan de Acción impulsará:

  • A concepción de Europa como un espazo de igualdade de oportunidades, o que implica o recoñecemento da súa diversidade. É imprescindible que o espazo Europeo de educación superior non sexa o da uniformidade e garanta a diversidade con sistemas equiparables, comparables e compatibles para o recoñecemento de estudos e das competencias e atribucións profesionais.
  • Garantir esa igualdade de oportunidades mediante unha política de bolsas que promovan a efectiva mobilidade co obxectivo e o compromiso de que para o ano 2020, o 20 por cento dos estudantes europeos cursen polo menos un ano dos seus estudos fóra do seu país.
  • A mellora da orientación e o apoio ao estudante que facilite combinar o estudo co traballo ou coas obrigas familiares. En definitiva, flexibilizar as vías de aprendizaxe e potenciar os servizos sociais e académicos (bibliotecas, residencias e servizos de asesoría académica).
  • Unha cuarta liña de traballo centrarase na calidade para todos coa posta en marcha dos novos métodos de aprendizaxe e ensino para propiciar un maior contacto co estudante e estimular a súa creatividade.
  • Ademais, en coordinación co Eurostat, procederase á elaboración dunha base de datos comparables sobre a educación superior en Europa.

Este Plan de Acción apoiarase en diferentes actividades como o lanzamento a nivel comunitario dun método de coordinación, método aberto de cooperación entre todos os países da UE para pór en común prácticas nacionais. Ademais, constituiranse grupos de Expertos e Foros con representantes de universidades, asociacións, empresas e organismos da sociedade civil, así como accións directas coas Universidades e as súas asociacións para a implantación a nivel institucional das recomendacións e boas prácticas derivadas dos Grupos de Expertos.

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles