Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Nota de prensa

Aprobada a distribución dun crédito complementario de seis millóns para a implantación do Programa Escola 2.0

18 de decembro de 2009

Consello de Ministros

O Consello de Ministros, a proposta do ministro de Educación, Ángel Gabilondo, aprobou a distribución entre todas as comunidades autónomas dun remanente de 6 millóns de euros resultante da diferenza entre as achegas do Goberno e as das autonomías para financiar a implantación do Programa Escola 2.0 no curso 2009/2010.

O programa Escola 2.0 vai permitir mellorar a dotación de recursos tecnolóxicos dos alumnos, dos profesores e dos centros. Garantir a súa conexión a Internet tanto desde os colexios coma desde os domicilios. Potenciar a formación dos profesores. Facilitar o acceso a materiais dixitais educativos, e implicar ao alumnado e ás familias na adquisición, custodia e uso destes recursos.

A distribución destes fondos entre as comunidades autónomas é a seguinte:

 

Comunidade Autónoma Euros
Andalucía 1.351.264
Aragón 182.009
Asturias 119.685
Baleares 139.879
As Canarias 315.506
Cantabria 75.989
Castela e León 349.769
Castela-A Mancha 364.769
Cataluña 953.471
Comunidade Valenciana 690.083
Estremadura 201.190
Galicia 352.657
Madrid 689.861
Murcia 241.389
Rioxa 42.301
TOTAL 6.069.822

 

Esta achega non esixe que as comunidades autónomas acheguen unha cantidade similar.

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles