Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Consello de Ministros

Aprobado o Real decreto de Expedición de Títulos Académicos e Profesionais da LOE

04 de decembro de 2009

O Consello de Ministros aprobou, a proposta do Ministerio de Educación, o Real decreto de Expedición de Títulos Académicos e Profesionais correspondentes ás ensinanzas establecidas pola Lei Orgánica de Educación.

Con este real decreto especifícanse as características que deben ter os títulos académicos e profesionais acreditativos da superación das ensinanzas reguladas na LOE. O texto especifica o modelo xeral do título no seu formato e nos seus elementos identificativos, así como especificacións sobre o seu texto e da cartolina soporte cuxas características mínimas se determinan.
Prévése unha dobre opción de tamaño de papel para que as comunidades autónomas que expiden o título en castelán e na súa lingua propia teñan espazo suficiente; refórzanse as características de seguridade do documento e establécese a obriga das Administracións educativas de remitir ao Rexistro Central de Títulos do Ministerio de Educación os datos correspondentes a estes mesmos títulos, antes da súa impresión.

 

 

 

 

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles