Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Nota de prensa

O Ministerio de Educación e o Departament d’Educació asinan o convenio Escola 2.0

14 de decembro de 2009

Ver imaxe en alta resolución. O conseller d’Educació, Ernest Maragall, e o ministro de Educación, Ángel Gabilondo, durante a sinatura do convenio.
  • O convenio prevé que as dúas administracións invistan 30,8 millóns de euros para a dixitalización das aulas en Catalunya
  • O investimento permitirá ter conexión a Internet nas aulas, a instalación de encerados dixitais, a formación dos docentes, o acceso a contidos dixitais e ordenadores portátiles para 60.000 alumnos
  • En Catalunya, a dixitalización das aulas desenvólvese a través do programa Educat 1x1 e aposta por comezar o proceso en Educación Secundaria Obrigatoria

O conseller d’Educació, Ernest Maragall, e o ministro de Educación, Ángel Gabilondo, asinaron hoxe o convenio para o desenvolvemento do proxecto Escola 2.0, que en Catalunya se canaliza a través do programa Educat 1x1. O convenio prevé un investimento total de 30,8 de euros financiados a partes iguais entre o Ministerio de Educación e o Govern da Generalitat.

As actuacións previstas pasan por: 

  • A transformación en aulas dixitais de todas as aulas, que no caso de Catalunya serán en aulas de secundaria. No momento de planificar o desenvolvemento da dixitalización tan válido é comezar pola primaria como pola secundaria.
  • A dotación de ordenadores para uso persoal do profesorado e de todos os alumnos dos cursos citados e matriculados en centros sostidos con fondo público (1x1).
  • A oferta e desenvolvemento de accións de formación de profesorado de acordo coas necesidades dos centros que participan no proxecto.
  • Pór a disposición dos docentes contidos educativos dixitais e dotar cada centro educativo dun espazo virtual propio na rede como base de relación e de xestión de recursos para o ensino e a aprendizaxe.  

Desenvolvemento en Catalunya:
En Catalunya, o programa Educat 1x1 empezou a desenvolverse o mes de setembro e coa sinatura do convenio, se completa da seguinte maneira:
 

Primeira fase (setembro 2009): dúas modalidades de desenvolvemento

O mes de xuño de 2009 decidiuse avanzar en dúas modalidades de desenvolvemento:

  • Modalidade 1x1: cada un dos alumnos e profesores dispón dun microordenador e os alumnos teñen licenzas de libros dixitais.
  • Coexistencia: os alumnos teñen licenzas de libros dixitais pero aínda fan uso de libros en papel xa que non dispón de miniordenadores.

Segundo mostra a táboa 1, actualmente hai 63 centros na modalidade 1x1, 129 centros en coexistencia e 8 centros que optaron por combinar as dúas modalidades. De 63 centros 1x1, 50 son públicos, 1 é un centro municipal e 12 son centros privados. Dos 129 centros en coexistencia, 103 son públicos e 26 concertados. Dos 8 centros híbridos, 6 son públicos e 2 concertados. Os alumnos incluídos na modalidade 1x1 son 6.222. Os alumnos en modalidade de coexistencia son 15.775. O proxecto, polo tanto, beneficia actualmente a un total de 21.997 alumnos.

Táboa 1

Centros 1x1
Aulas Alumnos Centros
público concertado público concertado público concertado
195 35 5168 1054 57 14

Táboa 2

Centros coexistencia
Aulas Alumnos Centros
público concertado público concertado público concertado
465 111 12555 3220 103 26


Segunda fase (xaneiro 2010): paso dos centros de coexistencia a centros 1x1

A partir de decembro de 2009, nunha segunda fase de desenvolvemento, o Departament d’Educació ten a vontade de estender progresivamente a modalitdad 1x1 a todos os centros actualmente en coexistencia. Para poder lograr este obxectivo, a Direcció General de l’Educació Bàsica i el Batxillerat dirixiu a estes centros unha carta convidandoos a facer o paso dun modelo a outro. Contactouse telefonicamente con eles para explicarlles máis detalladamente os procedementos que hai que seguir.

Ademais desta transformación do modelo de coexistencia en modelo 1x1, nesta segunda fase está previsto traballar con 8 centros de educación primaria. Con estes centros preténdese iniciar unha experimentación para explotar de que forma tén quese propor o proxecto 1x1 en educación primaria. As escolas participantes formarán dous grupos de 4. Unhas, as que xa experimentaron co uso intensivo de ordenadores nas aulas, teñen por misión elaborar e pór a proba "boas prácticas" que teñen que ser aplicables nos outros 4 centros. Establécese, polo tanto, unha relación de modelo entre os centros dun grupo e outro.
 

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles