Consello de Ministros
O Consello de Ministros, a proposta do ministro de Educación, Ángel Gabilondo, aprobou a sinatura dos convenios coas comunidades autónomas de Cataluña, Andalucía e Comunidade Valenciana, para a aplicación nestes territorios do Plan de apoio á implantación da Lei Orgánica de Educación en 2009.
Segundo os convenios aprobados, Cataluña recibirá 16,45 millóns de euros, Andalucía 25,2 millóns de euros e a Comunidade Valenciana 12 millóns de euros.
A Lei Orgánica de Educación incorpora na súa memoria económica unha partida destinada a apoiar a implantación e a favorecer a efectiva incorporación das previsións da devandita Lei nas diferentes comunidades autónomas.