Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Nota de prensa

A Secretaria de Estado de Educación e Formación Profesional entrega os Premios Nacionais de Bibliotecas Escolares

02 de decembro de 2009

Convocatoria 2008

Ver imaxe en alta resolución. Foto de grupo dos galardoados.
  • 27 centros de toda España foron galardoados
  • Recoñécense as mellores iniciativas para converter as bibliotecas dos centros en espazos de fomento da lectura e da adquisición de habilidades de educación

Galería fotográfica do acto da entrega de premiosundefined

A secretaria de Estado de Educación e Formación Profesional, Eva Almunia, entregou hoxe na Biblioteca Nacional os premios Nacionais de Bibliotecas Escolares convocados no ano 2008 cunha dotación total de 207.000 euros.

Estes premios, que se conceden anualmente, teñen como obxectivo recoñecer as mellores actuacións desenvolvidas polos centros escolares para converter as súas bibliotecas en espazos integradores da acción educativa, nun recurso útil para o fomento da lectura e a adquisición e desenvolvemento de habilidades de información.

Premiouse os centros que abordaron a dinamización e innovación da súa biblioteca a través de actuacións e prácticas que se inscriben nos seguintes ámbitos:

  • A utilización da biblioteca como recurso didáctico e de integración curricular polos diferentes departamentos, a través de proxectos de traballo aula-biblioteca.
  • O uso da biblioteca como fonte de información, que favoreza o traballo con varias disciplinas a través do uso de documentación diversa.
  • A educación documental e a formación dos usuarios.
  • O desenvolvemento dun plan de lectura integrado no Proxecto Educativo do centro e que implique outros sectores da comunidade educativa, abrindo a biblioteca escolar ao medio e establecendo redes de colaboración con outras bibliotecas.
  • O uso das tecnoloxías da información e comunicación ao servizo da biblioteca escolar (bibliotecas virtuais, acceso ao catálogo, formación, etc).

O Ministerio de Educación desenvolve desde 2005 o Plan de mellora das Bibliotecas Escolares, cuxo obxectivo é crear novas bibliotecas, revitalizar as xa existentes, aumentar os seus fondos e apoiar a lectura como unha competencia esencial para os nosos mozos. Un plan en que, ata agora, o Ministerio investiu 61 millóns de euros.

Os galardóns entregados hoxe teñen unha dotación económica de 12.000 €, 9.000 € ou 6.000 € aos primeiros, segundos e terceiros premios que cada modalidade respectivamente. A continuación detállanse as categorías e os centros gañadores na convocatoria do ano 2008:

  • Centros de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Especial e Educación de Persoas Adultas.
    • Primeiro premio:
      • CEIP Nuestra Señora de la Caridad. La Garrovilla (Badaxoz)
    • Segundos premios:
      • CEIP Sant Josep-El Pi. L`Hospitalet de Llobregat (Barcelona).
      • CEIP El Tejar. Fuengirola (Málaga).
      • CEIP Els Cingles. L`Ametla do Vallès. Barcelona.
    • Terceiros premios:
      • CEIP José Moreno Villa. Málaga.
      • CEIP Catalunya de Navarcles. Barcelona.
      • CEIP Nuestro Padre Jesús. Valenzuela (Córdoba).
      • CEIP La Paloma. Azuqueca de Henares (Guadalaxara)
      • CP Máximo Cruz Rebosa. Piornal (Cáceres).
         
  • Centros de Educación Secundaria, Formación Profesional, Ensinanzas Artísticas e Escolas Oficiais de Idiomas.
    • Primeiro premio:
      • IES Vallecas-Magerit. Madrid.
    • Segundos premios:
      • IES Marqués de Santillana. Torrelavega (Cantabria)
      • IES Mare Nostrum (Málaga).
      • IES Carlos Casares. Viana do Bolo. (Ourense)
    • Terceiros premios:
      • IES Torre del Prado. Campanillas (Málaga).
      • IES Laguna de Tollón. El Cuervo (Sevilla).
      • IES Alfonso X O Sabio. A Coruña.
      • CPEB Aurelio Menéndez. San Antolín de Ibias (Asturias).
      • IES Josep Lluís Sert. Castelldefels. (Barcelona).
  • Centros docentes privados concertados que impartan calquera das ensinanzas regradas non universitarias indicadas nas dúas modalidades anteriores.
    • Primeiro premio:
      • Instituto Cuatro Vientos Sociedad Cooperativa. Pamplona.
    • Segundos premios:
      • Escola Sant Gervasi. Mollet del Vallès. Barcelona
      • Colexio San Juan de la Cruz. León
      • Colexio José García Fernández. Luarca (Asturias)
    • Terceiros premios:
      • Colexio La Salle. Burgos
      • Colexio La Salle. Santiago de Compostela (A Coruña)
      • Colexio Amor de Dios. Vallodolid
      • Colexio Marista Champagnat. Salamanca.
      • Colexio Martí Sorolla. Valencia

 

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles