O aspirante dos centros no Exterior do Ministerio de Educación obtivo o primeiro premio e representará España no Campionato Internacional que se celebrará na Habana (Cuba) no mes de decembro
O ministro de Educación, Ángel Gabilondo, clausurou a fase nacional do X Concurso Hispanoamericano de Ortografía que se celebrou en Madrid, en que participaron estudantes de Segundo de Bacharelato de toda España. O gañador foi o representante dos centros no Exterior do Ministerio de Educación, Pablo Giomi.
Este Concurso tivo dúas roldas previas, unha en cada comunidade autónoma e outra nos propios centros de Bacharelato que decidiron presentar representantes ao certame.
Nas probas realizadas hoxe, os candidatos tiveron que escribir e puntuar correctamente palabras e frases da lingua española que lles ditadas. Os alumnos con máis respostas correctas foron superando roldas eliminatorias ata acadar un gañador. A representante da Rioxa, Clara Fernández, quedou en segundo lugar.
O gañador desta fase final vai representar a España no Concurso Hispanoamericano que terá lugar na cidade cubana da Habana entre os días 6 e 11 do próximo mes de decembro.
Nesta competición internacional participarán estudantes de Segundo de Bacharelato de Arxentina, Bolivia, Colombia, Costa Rica, Cuba, Chile, República Dominicana, Ecuador, El Salvador, Guatemala, Honduras, México, Nicaragua, Panamá, Paraguai, Perú, Puerto Rico, Uruguai e Venezuela.