Enmárcase no diálogo permanente que o Ministerio mantén coa comunidade universitaria
O director xeral de Política Universitaria, Felipe Pétriz, mantivo hoxe cadansúa reunións con representantes dos estudantes de arquitectura e co presidente e a secretaria do Consello Estatal dos Estudantes de Medicina (CEEM). Na reunión falouse da estrutura das carreiras de Arquitectura e Medicina no marco do Espazo Europeo de Educación Superior.
Durante o encontro, o director xeral expresou que o ministerio está aberto a explorar a idea de recoñecer competencias adquiridas nos graos de máis de 300 créditos (equivalentes a cinco anos de estudo) como competencias propias dun título de máster.
Os títulos de grao teñen, por norma xeral, 240 créditos (equivalentes a catro anos), aínda que hai algunhas excepcións, como os títulos de Arquitectura, que teñen máis de 300 créditos, ou os de Medicina, que teñen 360.
O encontro enmárcase no diálogo permanente que o ministerio mantén cos representantes dos distintos sectores involucrados no ensino universitario. De feito, o director xeral tamén vai reunirse esta semana coa conferencia de decanos de Medicina e cos reitores do ramo.
O director xeral emprazou os representantes dos estudantes a celebrar unha nova reunión a semana que vén.
Á reunión sobre Arquitectura asistiron Albert Cabané (ETSAB), Miguel Ibáñez (ETSAM) e Francisco Jesús Ibáñez (ETSAG). Pola súa banda, á reunión sobre Medicina asistiron Lucas de Toca e Belinda Montalbán, presidente e secretaria de CEEM respectivamente.