Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Nota de prensa

Ángel Gabilondo preside unha reunión do Padroado da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación

13 de outubro de 2009

Zulima Fernández nomeada nova directora da Axencia

O minsitro de Educación, Ángel Gabilondo, presidiu esta tarde unha reunión do padroado da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA). Na reunión o ministro propuxo ao Padroado o nomeamento de Zulima Fernández, catedrática da Universidade Carlos III de Madrid, como nova directora da Axencia. O Padroado aprobou o nomeamento por unanimidade.

Zulima Fernández é catedrática de Organización de Empresas da Universidade Carlos III de Madrid desde 1990. Dirixe o Instituto "Conde de Campomanes" de Iniciativas empresariais e empresa familiar e as cátedras Bancaja de mozos emprendedores e Iniciativas empresariais e empresa familiar. É vicepresidenta da Asociación Científica de Economía e Dirección da empresa (ACEDE).

Entre os principais cargos académicos desempeñados con anterioridade, destaca o de vicerreitora de Ordenación Académica e Converxencia Europea da Universidade Carlos III de Madrid (1996 - 2007), directora do departamento de Análise Económica e Contabilidade da Universidade de Salamanca (1991-1992) e subdirectora do Instituto Universitario da Empresa da Universidade de Oviedo (1988-1989).

O ministro agradeceu á ata agora directora, Gemma Rauret, a súa "dedicación, o traballo excelente e sentido institucional", así como a súa "xenerosidade".

Neste sentido, o ministro destacou a súa satisfacción polo resultado dos procesos de verificación de títulos universitarios desenvolvidos pola ANECA. "Propómosnos no seu momento chegar aos mil títulos de grao verificado polo Consello de universidades e esta cifra foi claramente sobrepasada: 1266 verificados positivamente e 76 negativamente. O número de títulos de master tamén é importante: 1636 verificados positivamente e 68 negativamente", destacou.

Agora se abre unha nova etapa en que debe prestarse especial atención ao de seguimento dos títulos implantados. Neste proceso a ANECA ten encomendado un papel esencial como mecanismo externo de avaliación da calidade do sistema universitario.

Transformación en Axencia

Por outra banda, o Padroado recibiu os informes dos traballos previos do Consello Asesor de ANECA, a dirección da ANECA e a dirección da Comisión Nacional Avaliadora da Actividade Investigadora (CNEAI) encamiñados á transformación da Fundación ANECA en Axencia Estatal. Está previsto que antes de final de ano estea lista unha proposta de estatutos.
 

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles